O pleno da Deputación de Pontevedra reafirma o seu compromiso da búsqueda de consensos

A institución provincial volveu a mellorar en xuño o seu período medio de pago a provedores baixando a ratio ata os 7,5 días
Publicado por o día 31/07/2020 na sección de Deputación de Pontevedra

O pleno da Deputación de Pontevedra reafirma o seu compromiso da búsqueda de consensos

Por terceiro mes consecutivo, os grupos políticos da Deputación de Pontevedra revalidaron hoxe no pleno a vocación de consenso, comprometida tras a crise sanitaria da Covid19, e aprobaron por práctica unanimidade todos os puntos da orde do día. De feito, o Partido Popular só abstívose na aprobación da conta xeral de 2019. Jorge Cubela explicou que o facían por coherencia co voto que no seu día foi negativo ao orzamento, pero engadiu que agora apostaban pola abstención ante a situación económica do país e para non poñer trabas á acción do goberno. Así, deuse luz verde á conta xeral do pasado ano, que volve a confirmar a solvencia económica da institución.

Amais, a pesar da crise e seguindo co obxectivo de facilitar a situación económica das empresas, a Deputación conseguiu un novo descenso en xuño do período medio de pago a provedores situándoo en 7,5 días. Este bo dato tamén se reflectiu nas facturas pagadas, que tiveron una tramitación de 8,3 días.

Encontro goberno-oposición

Estes datos económicos, que volven a situar á Deputación de Pontevedra entre as administracións mellor pagadoras do estado, foi un dos asuntos tratados no encontro mensual goberno-oposición, celebrado previamente ao pleno entre os portavoces dos tres grupos políticos, Carlos Font, César Mosquera e Jorge Cubela. Na reunión, tamén se determinaron as datas dos plenos de setembro, que serán os días 11 e 25.

Por outra banda, informouse de dúas novas carteiras de servizos que vai lanzar SmartPeme, un servizo estratéxico da Deputación, referente en Galicia en asesoramento tecnolóxico. As novas carteiras de servizos estarán centradas nos concellos da provincia e no terceiro sector e entrarán en funcionamento en setembro. De feito, convocaranse reunións comarcais cos concellos para dar a coñecer este novo servizo e, xa a volta do verán arrancarán obradoiros e asesoramentos.

SmartPeme Concellos nace para impulsar o desenvolvemento dos concellos con accións de capacitación e asesoramentos en tecnoloxía, competitividade e promoción dos destinos turísticos enfocados ao persoal técnico, principalmente a Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local e persoal de turismo. Esta nova carteira prestará formación e asesoramento en novas tecnoloxías e promoción do destino pero tamén sobre as consecuencias da Covid-19, medidas de reactivación, ou axudas económicas e subvencións de diferentes organismos. Tamén preténdese que os concellos sexan prescriptores da rede SmartPeme entre as empresas da súa área polo que haberá asesoramentos para a formación na creación e mellora das webs dos negocios locais e servizos como comercio electrónico, etc.); capacitación en redes sociais, marketing dixital, posicionamento SEO; ou ferramentas dixitais. No caso do turismo, realizaranse asesoramentos para desenvolver os destinos, recuperar espazos públicos de impacto, accións de promoción, e procura da financiación acorde aos recursos de cada municipio.

SmartPeme Terceiro Sector vai dirixido a entidades que desenvolvan as súas actividades no ámbito dos dereitos, a participación cidadá e/ou as necesidades Sociais, e ofrecerá asesoramento personalizado gratuíto, a partir dun diagnóstico inicial do grao de madurez tecnolóxica das entidades, amais de produtos e solucións, centradas na competitividade e tecnoloxía. Tamén para impulsar actividades de capacitación, eventos, networking e mesas redondas relacionadas coas TIC.

Na reunión de voceiros tamén se falou dos avances da Comisión de Asistencia Técnica aos concellos, creada a partir da Covid, en torno a toda a normativa relativa a crise sanitaria, que se segue a subir ao espazo web, e os asesoramentos nos protocolos das actividades municipais. Igualmente, o goberno informou do novo servizo DepoInforma que, como se fixo en deportes, créase agora para á área de Cultura a fin de manter ao tecido cultural informado de todas as accións que se desenvolven, e cunha base de datos que permita maior fluidez á hora de contactar co sector. O obxectivo é informar en tempo real dos programas, subvencións, axudas ou premios convocados pola Deputación e facilitar as xestións para participar nos plans provinciais.

Finalmente, na reunión déronse a coñecer os detalles da renovación do convenio para a recollida de vehículos abandonados nos concellos da provincia, dentro da política medioambiental da institución; os protocolos de uso das novas salas que se estrearán en setembro na Deputación: a de lactación e o novo comedor; así como o novo Plan de Dinamización dos Viveiros de Empresas de Barro e Lalín.

Comentar noticia

Your email address will not be published.