O pleno de Ponteareas aproba os primeiros proxectos de colocación de iluminación led

Por o 04/04/2019 | Sección: Galicia,Ponteareas
O pleno de Ponteareas aproba os primeiros proxectos de colocación de iluminación led
Compartir en:

O goberno de Ponteareas ven de iniciar a renovación da tecnoloxía de iluminación pública priorizando as zonas con maior risco de accidente nas que conflúen unha alta densidade de poboación e de tráfico en distintas estradas tanto estatais como autonómicas ou provinciais.

O goberno de Ponteareas investirá 114,301€ na adquisición de tecnoloxía led e procederá a substitución da actual, así o acordou por maioría contando con apoio de EU e cinco concelleiros do Partido Popular ao votar en contra e non seguir a disciplina de voto do partido, dous concelleiros do Partido Popular.

Estas obras será as primeiras que se realizarán dentro das programadas polo goberno nas que se priorizarán os puntos máis conflitivos independentemente máis alá da titularidade da estrada ao ser competencia municipal o alumeado.

Co obxectivo marcado, xa na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”, de ter unha cidade máis sostible e contribuir no aforro enerxético, o goberno de Ponteareas sacou adiante a mellora do alumeado exterior do tramo do instituto do Barral ao centro cultural de Arcos por valor de 21.489€; a mellora do alumeado no tramo da capela dos Remedios ao instituto do Barral cun custe de 44.432€ e a do tramo entre a Bouzalonga en Xinzo e a capela dos Remedios por 48.380€. En todas estas obras adquiriránse luminarias de tecnoloxía led para proceder á substitución do actual sistema de iluminación.

Ademais de proceder á substitución estudarase mellorar as que non tiñan un bo funcionamento e mesmo se incrementará a iluminación nos puntos que sexa preciso.

“Esta obra garantirá unha maior seguridade viaria ao contar cunha iluminación uniforme xa que na actualidade hai ata catro tipos diferentes de iluminación que provocan incluso zonas de sombra”, explica a tenente de alcalde, Chus Garrote que engade que esta é unha competencia municipal e que despois de ter sido plantexada ás distintas administracións tan só se producíu por parte de Fomento unha mellora nalgúns cruces.

“O obxectivo é mellorar a seguridade de todos os veciños e veciñas en puntos con alto risco de accidentes e mellorar a carencia resultante de anteriores proxectos realizados sen planificación. A propia Xunta nos últimos meses rexeitou o cambio de luminarias na P-403, obra que nós consideramos imprescindible e necesaria”

Por outra banda, no pleno de hoxe aprobáronse importantes obras de saneamento por valor de 137.757,6€ seguindo o goberno no seu obxectivo de ampliar esta rede de servizo básico ao maior número de fogares posibles.

En concreto, hoxe aprobouse no pleno o proxecto de saneamento de augas fecais no barrio de Picón, Angoares, e no barrio de Amial en Prado cun custe total de 103.251,69€. No caso do barrio do Picón, tamén se aprobou a segunda fase cun orzamento de 34.505,91€.

Alcalde e tenente de alcalde adiantan que seguirán a traballar na mellora dos servizos básicos e na planificación dunha cidade respetuosa co medio ambiente que saiba optimizar os seus recursos e que aposten por medidas de aforro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.