O pleno de Pontevedra aproba por unanimidade a proposta de Cs de crear un órgano consultivo para o deporte local

María Rey mostra o seu apoio aos traballadores de Ence porque “defender os postos de traballo é obrigación de calquera Goberno competente”
Publicado por o día 02/04/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Pontevedra

O pleno de Pontevedra aproba por unanimidade a proposta de Cs de crear un órgano consultivo para o deporte local

A corporación municipal de Pontevedra aprobou hoxe por unanimidade unha proposta da concelleira de Cidadáns , María Rey, para a creación dun órgano consultivo de participación sectorial enmarcado no Servizo Municipal de Deportes. Este órgano, como subliñou a edil da formación laranxa, servirá como instrumento “para potenciar a promoción do deporte, a actividade física na cidade e para fomentar a participación dos diferentes axentes do sistema deportivo e social”, de maneira que poida dotar “dunha pluralidade necesaria e fundamental ao deporte pontevedrés”.

Rey lembrou no pleno que a disolución do Instituto Municipal de Deportes (IMD) “supuxo a desaparición da participación, pluralidade e intervención nas decisións e actuacións da oposición e dos actores do deporte pontevedrés”. Entre os obxectivos do futuro órgano consultivo, Rey cita o seguimento da práctica deportiva e os hábitos de deporte  da poboación, a avaliación continua dos espazos e equipamentos deportivos ou a análise do impacto económico, laboral e social do deporte no municipio. A concelleira afirmou que este espazo propiciará a cohesión entre a rede de clubs e entidades deportivas do concello. “Desde Cs queremos que o Servizo Municipal de Deportes estea dotado deste órgano consultivo ou espazo, onde os diferentes axentes propoñan, acheguen e debatan sobre aqueles temas que afecten o ámbito deportivo”, indicou.

Doutra banda, María Rey referiuse na sesión á situación da fábrica Ence tras a violación da Avogacía do Estado nos procesos contra a prórroga concedida á pasteira para seguir na ría e mostrou o seu respaldo ao persoal: “Deberiamos deixar actuar á xustiza sen inxerencias políticas de ningún tipo -indicou-. Eu non se se a prórroga é ou non é conforme á lei. O que si sei é que sexa cal for o resultado alguén terá que ser o responsable, ou de dala sen ter que dala, ou de emitir informes xurídicos a gusto do que estea no Goberno. O que si sei é que defender os postos de traballo é obrigación de calquera Goberno competente”. “O inimigo é o que fai as políticas que permiten que as nosas costas estean así, non as fábricas que dan postos de traballo”.

A concelleira volveu a cuestionar tamén a situación da compostaxe no municipio e, en concreto, o pago dun aluguer polos terreos da prevista planta de compostaxe na Canicouva cando aínda non está nin proxectada. “Se xa é grave que carezamos de plan de compostaxe -subliñou-, aínda o é máis tirar 100.000 euros sen ningún tipo de ruborizo. Pero aínda encima, témonos que quedar con que é *baratísimo”.  “Aquí gástase o diñeiro dos demais porque non doe”.