O Pleno deste mércores acordou modificar o uso dunha parcela de 1.500 metros cadrados situada en Esturáns

Publicado por o día 29/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Pleno deste mércores acordou modificar o uso dunha parcela de 1.500 metros cadrados situada en Esturáns

O Pleno deste mércores acordou modificar o uso dunha parcela de 1.500 metros cadrados situada en Esturáns, cerca de Tomás Alonso, na que o Concello prevé habilitar un novo parque de bombeiros que substituirá ao emprazado nos baixos do estadio de Balaídos.

Explicou a concelleira de Urbanismo que o terreo e a tramitación administrativa reúnen as condicións necesarias e inclúe un informe do xefe do servizo de Bombeiros de Vigo que avala o espazo polo seu tamaño e localización.

No debate político, os concelleiros Xabier Pérez Igrexas e Rubén Pérez Correa, non adscrito e do grupo mixto respectivamente, abstivéronse na votación e pediron coñecer os estudos técnicos que amparan esta localización. Polo grupo municipal do PP, Jesús Marco, cualificou a proposta de “ocorrencia” e “castigo” aos bombeiros e asegurou que non cumpre cos requisitos nin por tamaño nin por lugar.

A concelleira de Urbanismo aclarou que o expediente conta cos informes preceptivos de seguridade e do xefe do servizo dos Bombeiros de Vigo, que apoian a proposta. Afirmou Caride que o espazo é “axeitado”, recordou que o proxecto concreto ten que elaborarse despois da modificación aprobada este mércores e engadiu que existen recursos para afrontar a obra nos orzamentos desde mesmo ano.

Comentar noticia

Your email address will not be published.