O pleno extraordinario previsto para esta tarde aprázase para o venres

Publicado por o día 15/10/2018 na sección de Galicia,Tui

O pleno extraordinario previsto para esta tarde aprázase para o venres

O pleno de carácter extraordinario previsto para ás 20h de hoxe luns, 15 de outubro, foi aprazado para este venres, 19 de outubro, á mesma hora.

O motivo do aprazamento débese a ausencia do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, que se desprazou na fin de semana a Versmold, onde se celebrou o quinto aniversario do acordo de irmandade entre esta cidade alemá e Tui. Estaba previsto que rexedor regresara onte á noite nun voo Dortmund-Porto, que foi cancelado, polo que tiveron que buscar unha nova conexión que o levará dende Frankfurt ata Lisboa, e dende a capital portuguesa a Porto, polo que non estará en Tui até pasada a medianoite de hoxe.

Explicaba Vázquez Padín que ante a imposibilidade estar esta tarde en Tui tomaron a decisión de aprazar o pleno até o venres para “ter a garantía de que se contestan a todos os asuntos plantexados pola oposición nesta convocatoria de pleno extraordinario” engade que para garantir “ todos os cidadáns teñen unha explicación do que quere saber a oposición, e a nós tamén nos interesa explicalo con luz e taquígrafos, con absoluta claridade”