O Pleno insta a rematar a xestión administrativa da nova ordenanza municipal de mobilidade

Os grupos do PSOE, PP e En Marea coincidiron a mañá de onte na defensa da necesidade de rematar a xestión administrativa e reguladora da nova ordenanza municipal de mobilidade sostible. O concelleiro Non adscrito abstívose na votación dunha moción que solicitaba a regulación do uso do patinete tan pronto o Goberno central aprobe o Real Decreto de medidas urbanas de tráfico.
Publicado por o día 26/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Pleno insta a rematar a xestión administrativa da nova ordenanza municipal de mobilidade

Coa única abstención do concelleiro Non adscrito, Xabier Pérez Igrexas, o Pleno da Corporación deu luz verde á unha moción que insta ao Goberno local a rematar a xestión administrativa e reguladora da nova ordenanza municipal de mobilidade sostible, tan pronto se aprobe o Plan de Mobilidade Urbana. O texto foi presentado polo grupo de En Marea, que aceptou unha emenda de substitución do PSOE, e tamén contou co apoio do grupo popular.

A moción aprobada recolle que, dado que a prohibición de circulación dos patinetes polas beirarrúas está regulada no artigo 121.5 do Regulamento Xeral de Circulación, o Pleno solicita o seu cumprimento e insta a regular definitivamente o seu uso tan pronto o Consello de Ministros aprobe o Real Decreto de medidas urbanas de tráfico.

Outro dos puntos incluídos no texto aprobado pasa por reiterar á empresa concesionaria Dornier a instalación de báculos de recarga de vehículos eléctricos que figura no prego concesional.

Comentar noticia

Your email address will not be published.