Os grupos municipais do PSOE e de Marea (o PP abstívose) aprobaron outra moción socialista para que a Xunta leve a cabo os trámites necesarios para a gratuidade do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro a partires do 1 de decembro de 2018.
Igualmente, saíu adiante unha proposta para que a administración autonómica inclúa unha partida orzamentaria no ano 2019 de 4 millóns de euros para iniciar a execución das obras de humanización na Avenida de Castrelos, Avenida Ricardo Mella, Avenida de Galicia, Avenida da Ponte e Estrada de Camposancos.
Por último, aprobouse outra moción do PSOE instando á Xunta de Galicia a investir no ano 2019 unha partida de 5 millóns de euros na mellora de eficiencia enerxética dos centros educativos públicos de Vigo.
Noticias de última hora en Vigo