O pobo canso de berrar pásase aos asubíos

Publicado por o día 03/06/2015 na sección de Opinión,Opinión por Rubens Rocha

O pobo canso de berrar pásase aos asubíos

ilcanallarubens_cenusraENestadios_2015Alguén debería explicar aos españois que politizar o deporte non é pitar o himno, na actualidade é moi difícil de separar o deporte da política xa que van unidos da man polo feito das compañías multinacionais que o patrocinan, a principios o deporte era deporte en si pero coa evolución foi converténdose en espectáculos capitalistas. Pitar o himno non é politizar, senón poñelo nun partido de fútbol ou en calquera modalidade deportiva.

Alguén debería explicar aos españois que cando se pon unha canción -ou un himno- non se pode poñer unhas condicións como aplaudir ou que se lle deba asubiar xa que poñendo condicións realmente o que se consegue é cuartar as liberdades das persoas e iso nun estado democrático non é tolerable.

E libre de aplaudir a entrada do Rei ou de quen sexa a un estadio, debes ser libre de mostrar un rexeitamento ou un enfado tamén. Que a iso se lle chama liberdade de EXPRESIÓN e DEMOCRACIA.

Alguén debería explicar aos españois que os cataláns, vascos ou galegos non son os únicos que pitan un himno xa que os españois tamén o fan contra a nación francesa como os arxentinos contra a nación inglesa, os asubíos mostran unha protesta, unha protesta derivada da historia a cal non se pode borrar nin esquecer.

Alguén debería explicar aos españois que o torneo da COPA en realidade nin é do REI nin é de España nin é de nada… que en todas as federacións internacionais hai dous tipos de competición: Liga (trofeo regular) e Copa (trofeo por eliminatorias) e que iso de “DO REI” é unha patraña, que foi do REI, da Coroación, da República, do Xeneralísimo e iso é só unha forma de chamalo e que xogar ao fútbol non te fai partícipe nin afín a coletilla do nome do trofeo segundo o momento histórico ou a moda do momento, que por certo ao equipo cule. Miguel Primo de Rivera pechou o campo do Barça polo mero feito dos asubíos recibidos ao himno español no ano 1925.

Que por xogar a fútbol non tes porque tragar con ideoloxías alleas, que a iso se lle chama politizar o deporte xa que en se é un espectáculo do capitalismo e o secretario do estado para o deporte Miguel Cardenal e o seu equipo quere co seu espírito chauvinista sementar unha cátedra e obrigar xogadores e espectadoras tragar coas suas ideoloxías.

É como chamalo á Copa Coca Cola e dicir que se non te gusta a Coca Cola non a podes xogar porque che gusta a Pepsi.

Españois haber cando espertades dese sono estúpido e vos decatades que Franco a morto e o seu espírito chauvinista tamén máis non debe ser estendido.

Opinión de Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]