O Porriño colabora coa festa da zorza de Pontellas que celebrará a sua decimosexta edición o vindeiro domingo 17

Publicado por o día 14/11/2019 na sección de Galicia,O Porriño

O Porriño colabora coa festa da zorza de Pontellas que celebrará a sua decimosexta edición o vindeiro domingo 17

A parroquia de Pontellas celebrará o vindeiro domingo 17 de novembro a XVI edición da Festa da Zorza no Centro Social e Cultural.
Vanse preparar 2.500 racions que se servirán en prato de barro e tamén en empanada, acompañadas de viño branco e tinto. O prezo da ración será de 6 euros no que está incluído a taza, o viño, o pan e a zorza.

Os organizadores garanten que tanto a escolla da carne como a súa preparación é realizada de forma tradicional e polo tanto caseira algo que os asistentes asiduos veñen valorando moi positivamente ó longo destes anos.
A degustación comezará a partir das 11.30 horas até as 15 horas para o que está habilitada unha grande carpa.

Para a animación desta Festa da Zorza actuarán a Rondalla de Pontellas, o grupo de cantareiras Vaicheboa do centro cultural, e o grupo de gaitas Nordesía.

A organización e preparación corre a cargo da Asociación Cultural de Pontellas que conta coa colaración do Concello do Porriño que aporta a carpa e otras axudas loxísticas.