O Porriño pon por terceiro ano consecutivo o programa de emprego “Porriño Accede”

Por o 30/01/2019 | Sección: Galicia,O Porriño
O Porriño pon por terceiro ano consecutivo o programa de emprego “Porriño Accede”

En marcha,por terceiro ano consecutivo, o programa de emprego ‘Porriño Accede’, dirixido a veciñas e veciños en situación de desemprego

A Concellería de Emprego e Formación, dirixida por Soledad Girón, pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, o programa de emprego “Porriño Accede”, dirixido a veciñas e veciños do Porriño en situación de desemprego.

‘Porriño Accede’ ten como obxectivo mellorar as posibilidades de atopar un traballo das desempregadas e desempregados do Porriño e para iso dirixe accións formativas deseñadas polas empresas, que incorporan prácticas non laborais. Trátase de mellorar as competencias profesionais e contribuír á inserción das usuarias e usuarios no mercado laboral.

Para formar parte do programa ‘Porriño Accede’, abrirase un rexistro de persoas interesadas, que serán informadas e seleccionadas no momento previo á execución dos cursos. Deberase acudir ás oficinas do Multicentro Torneiros, cumprimentar un formulario de inscrición e aportar a tarxeta de demandante de emprego actualizada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.