O porto de Vigo inicia os labores de inspección e extracción de testemuñas no marco da pericial encargada para analizar o colapso do paseo marítimo durante a celebración do evento “O MARISQUIÑO”

Publicado por o día 08/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

O porto de Vigo inicia os labores de inspección e extracción de testemuñas no marco da pericial encargada para analizar o colapso do paseo marítimo durante a celebración do evento “O MARISQUIÑO”
O vindeiro luns día 11 de marzo está previsto iniciar os labores de inspección e extracción de testemuñas no marco de parte da pericial encargada polo porto de Vigo, para analizar o colapso do paseo marítimo durante a celebración do evento de “O Marisquiño”, o pasado mes de agosto de 2018.
 
É de todos coñecido que o sinistro ocorrido durante a celebración do “Marisquiño causou a destrución de parte dunha zona peonil integrada dentro do dominio público portuario xestionado por esta Autoridade Portuaria e que forma parte do ámbito ordenado no seu momento polo convenio “Abrir Vigo ao Mar””.
 
O convenio “Abrir Vigo ao Mar”, subscrito o 2 de novembro de 1992, prevía na súa cláusula VIN a obrigación do Concello de Vigo de “mantemento de toda a actuación en perfecto estado de conservación” segundo consta no ditame do avogado do Estado de data 16 de xaneiro de 2019, debe entenderse, dada a literalidad do convenio, que tal obrigación refírese ao mantemento da “actuación” en toda a súa extensión ou partes integrantes (superestrutura, infraestrutura…), sen matices, pero exclusivamente ao mantemento.
 
Todo iso, debe entenderse, deixando á marxe as responsabilidades que dita destrución poida aparellar para aquel a quen sexa imputable.
 
Por outra banda, queremos saír ao paso das declaracións do Alcalde en relación coa autorización do Porto para que se celebrase o evento, lembrando que o permiso de ocupación non é a autorización e que é necesaria licenza municipal ou autonómica para a celebración de espectáculos públicos de carácter extraordinario sempre que requiran de plan de autoprotección, como é este caso. As competencias e funcións das autoridades portuarias recollidas nos artigos 25 e 26 do TRLPMM están claramente orientadas á xestión de actividades portuarias propiamente ditas, non ao control e supervisión de espectáculos públicos.
 
Neste sentido, concordamos coas declaracións do presidente da Xunta de Galicia, en canto ás medidas en materia de protección e seguridade que se van a levar a cabo, para que non volvan suceder accidentes deste tipo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.