O Porto de Vigo participa estes días nun evento líder en Europa para a sustentabilidade e eficiencia na industria marítima.

Os prestixiosos premios Neptune se aninciarán durante o Foro de Greentech in shipping, onde o porto de Vigo será o único porto español candidato a gañar o premio “Porto Verde do Ano”.
Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Porto de Vigo participa estes días nun evento líder en Europa para a sustentabilidade e eficiencia na industria marítima.

O xefe do Departamento de Sustentabilidade do Porto de Vigo, Carlos Botana, desprazouse estes días a Hamburgo co obxectivo de poñer de exemplo a este porto como porto verde facendo uso de enerxías renovables e o seu papel na sustentabilidade do transporte marítimo, ante os asistentes ao “ GreenTech Shipping Global Forum”-
 
O foro que arrincou onte na cidade alemá, é un evento líder en Europa para a sustentabilidade e eficiencia na industria marítima. Esta conferencia internacional está dirixida a armadoras, navieras, provedoras de servizos, ademais de portos como Hamburgo, Anveres, Rotterdan e Vigo. Neste Foro celebraranse os premios “ Neptune Awards” onde se decidirá o porto verde europeo deste ano.
 
O responsable de Sustentabilidade da terminal olívica ha feito especial fincapé na necesidade de construír instalacións nos portos que sexan autosuficientes facendo uso de enerxías renovables, como o proxecto Core LNgas Hive para a redución de emisións atmosféricas resultantes da actividade portuaria, cun sistema de subministración de enerxía eléctrica a buque a través dun motor que emprega como combustible Gas Natural Licuado.
 
De igual modo, explicou a importancia do diálogo entre portos con armadoras e navieras para solucionar problemas de infraestruturas e ambientais, creando un ambiente de traballo e colaboración, conseguindo con iso conectar os principais portos europeos a través dunha rede de rutas marítimas rápidas e sustentables, como foi o caso do trafico Ro- Ro en Vigo, da Autoestrada do Mar.
 
Botana destacou, así mesmo, un novo proxecto que se vai a levar a cabo “ Peiraos do Solpor” que persegue mellorar a sustentabilidade do porto, así como facilitar a integración do contorna porto-cidade. O seu principal obxectivo é potenciar o incremento da biodiversidade nas infraestruturas portuarias como elemento reductor das emisións de CO2. Para iso utilizaranse materiais innovadores que demostraron posuír unha maior durabilidad e menores custos de mantemento
 
que os convencionais. Ademais, ten un compoñente ambiental ao mostrar á cidadanía a riqueza ecolóxica nas infraestruturas portuaria.
 
Proxectos todos eles que xorden da Estratexia de Crecemento Azul, Blue Growth, co obxectivo principal de demostrar que os portos poden ser autosuficientes energéticamente utilizando enerxías renovables e sustentables no transporte marítimo, subliñou, e, neste sentido, o Porto de Vigo significouse como un claro expoñente en Europa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.