O PP acusa o alcalde de “odiar aos pobres” con 727 persoas que se quedaron fóra do albergue no que vai de ano

A concelleira popular Elena González denuncia que, de media, 11 persoas ao día non conseguen cama no albergue e están a durmir na acampada diante do Concello
Publicado por o día 15/03/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP acusa o alcalde de “odiar aos pobres” con 727 persoas que se quedaron fóra do albergue no que vai de ano
A concelleira popular, Elena González, acusou hoxe ao alcalde de Vigo de “odiar aos pobres”, con 727 persoas que se quedaron fóra do albergue no que vai de ano. “Hai decenas de persoas cada noite que non atopan cama no albergue e acaban durmindo na acampada de Praza do Rei. Non porque queiran, senón porque non hai prazas no albergue”, detalla.
 
A popular denunciou que, de media, 11 persoas ao día non conseguen unha cama no albergue e ven obrigados a ter que recorrer a esta acampada. “Estas persoas baixan ao albergue, e cando non os admiten veñen aquí, asinan un papel e entrégase por rexistro”, explica González, lamentando que Caballero “odie” ás persoas que levan 2 anos durmindo na acampada “esperando a ser recibidos para falar dese albergue que tanto necesitan”.
 
Neste sentido, Elena González criticou a Caballero, resaltando que “se os que dormen na praza fosen cuñados de Carmela, xa estarían colocados en ‘a PSOE’”. A edil popular ha tachado de “covarde” ao alcalde de Vigo por “non ser capaz de ver aos ollos aos que non teñen” e sinalou que o rexedor local actúa como “un cacique incapaz de castigar a os que debería castigar por facelo mal, e non darlle para comer aos que están tirados”.
 
A popular subliñou que Vigo converteuse en “capital galega da pobreza” cun alcalde socialista que mostra unha “cegueira social” que lle impide vela. “Damos máis RISGA que ningunha outra cidade e temos a 63.000 persoas baixo o limiar da pobreza”, apunta a popular, denunciando que Caballero promete aos vigueses en dificultades “o pago do cheque social, o pago de alugueres ou a supresión dos desafiuzamentos” cando en realidade “todo é unha mentira”.
 
“O gran problema é que esas 63.000 persoas están abocadas a converterse en sintecho dentro de moi poucos anos”, prosegue, alertando de que esta situación é froito da falta de planificación e actuación por parte do goberno local, do que critica que “nunca fixo nin un estudo nin un censo das persoas pobres e tampouco se sabe o número de persoas que viven soas. Non sabemos nada porque nunca houbo un proxecto social nesta cidade”.
 
Ademais, Elena González denunciou o abandono que sofren gran parte dos colectivos sociais da cidade, con menos de 50.000 euros en axudas a repartir entre 39 asociacións e entidades sen ánimo de lucro. “Caballero destruíu en 4 anos todo colectivo que poida facer cidade e que non estea baixo as súas ordes”, criticou, lembrando algún como Sereos de Vigo ou o “inexistente movemento veciñal” na actualidade.
 
“Por sorte Vigo é unha cidade solidaria e son os vigueses, as persoas de forma individual, as que fan a compra e tráenlla ás persoas necesitadas” ha subliñado, lamentando que o goberno socialista non teña “un proxecto de cidade e un proxecto social e de inserción e integración para Vigo” e dedíquese exclusivamente a “levantar rúas” e “mirar para outro lado”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.