O PP advirte de que “Caballero segue dando pasos para impulsar ao Celta lonxe de Balaídos e de Vigo”

Pregunta ao rexedor “onde está agora o Guggenheim do fútbol europeo; o proxecto estrela do goberno local que ía estar listo para o inicio da tempada 2017”
Publicado por o día 03/11/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP advirte de que “Caballero segue dando pasos para impulsar ao Celta lonxe de Balaídos e de Vigo”

O concelleiro popular Miguel Fidalgo desvelou hoxe que os orzamentos do goberno local para o ano 2019 só conteñen unha partida de 270.000 euros para o Estadio Municipal de Balaídos. Neste marco, o edil advertiu de que “Caballero segue dando pasos para impulsar ao Celta lonxe de Balaídos e de Vigo”.
 
Non en balde, e como detallou, esta partida “ irrisoria” está destinada a “mellora e mobiliario” do estadio, co que nada se sabe das dúas bancadas aínda por iniciarse nin do “ cacareado aparcadoiro”. “Onde está agora o Guggenheim do fútbol europeo; onde foise o proxecto estrela do goberno local, que na precampaña das municipais de fai catro anos prometéronnos que ía estar listo para o inicio da tempada 2017?”, preguntouse.
 
Neste marco, Fidalgo Igrexas cualificou de lamentable enterrar “ 15 millóns dos vigueses nas bancadas de Tribuna e Río –aínda sen concluír-, e non ter ningunha noticia de Gol, Marcador nin do suposto aparcadoiro”. “Os orzamentos do propio alcalde déixano moi claro: nin vai continuar nin vai terminar as obras do estadio de Balaídos”, profunda.
 
O concelleiro popular lamentou este novo incumprimento por parte dun alcalde que parece “empeñado en que o Celta faga as maletas”. Non en balde, e como detalla, o rexedor “segue sen propoñer unha concesión administrativa e continúa provocando ao Club a cada pouco”.
 

Nin un papel dos informes de concesión

 
Esa proposta de concesión, prosegue Fidalgo, ía estar lista na primavera deste ano, “e 3 estudos despois só o alcalde sabe onde está”. “Desde o Partido Popular habemos solicitado copia desa documentación e, noutro exercicio de transparencia política, non se nos deu nin un papel”, critica.
 
Neste contexto, e á vista dos orzamentos municipais do goberno local para 2019, o concelleiro popular ha sinalado que resulta “evidente que Caballero quere que pase con Balaídos o mesmo que xa sucedeu coa Cidade Deportiva”.
 
“Ou o alcalde perdeu o norte por completo, ou só lle importa o seu rédito electoral, caia quen caia e lle a pesar de quen lle pese. En lugar de reconducir a situación parece estar a facer todo o posible porque o Celta se vaia de Vigo e así logo poder culpar a outros”, concluíu.