O PP alerta de que o “grave problema” de aparcadoiro no Casco Vello empeorará nas próximas semanas cando comece a demolición do asilo

Miguel Fidalgo avanza que o goberno local ten previsto eliminar máis prazas de aparcadoiro na rúa poboadores e Torrecedeira, inutilizando os poucos lugares onde poden estacionar os residentes a día de hoxe
Por o 11/02/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
O PP alerta de que o “grave problema” de aparcadoiro no Casco Vello empeorará nas próximas semanas cando comece a demolición do asilo
O concelleiro popular Miguel Fidalgo alertou o sábado de que o “grave problema de aparcadoiro” que sofren desde hai anos veciños e comerciantes do Casco Vello, empeorará durante as próximas semanas cando comece a demolición do asilo, tal e como recoñeceu o goberno municipal no Consello da Xerencia de Urbanismo desta semana.
 
“Están a pensar eliminar prazas de aparcadoiro en Torrecedeira e Poboadores e desde o PP de Vigo esiximos que a derriba do antigo asilo non sexa á conta de quitar prazas para aparcar; porque as que hai son insuficientes. Nótase que o alcalde viaxa en coche oficial e non ten que buscar aparcadoiro. Déixano e o recojen na porta”, destaca o edil popular.
 
Neste sentido, Miguel Fidalgo acusou ao alcalde de levar toda a lexislatura “de costas ao gravísimo problema de aparcadoiro” que sofren os vigueses nesta zona.
 
“Levan 11 anos sen reacondicionar os lugares de aparcadoiro permitido; non se modificou a ordenanza para habilitar baixos para garaxes; hai bolardos que non funcionan desde hai anos, proseguiu o popular, lembrando que o parking de Porta do Sol leva máis de 3 anos pechado.
 
“Caballero pechou o aparcadoiro de Porta do Sol o 30 de setembro de 2015. Pasaron preto de 1.300 días e ten a pouca vergoña de dicirlles agora aos veciños que a solución pasa por esperar a que abra de novo, algo que nin el mesmo sabe cando sucederá”, continúa Fidalgo, quen relatou o reguero de “mentiras” do alcalde neste tema.
 
Así, lembra, primeiro falou dunha “reforma inmediata” que elevaría a súa capacidade ata as 250 prazas; logo dixo que os residentes terían prioridade e poderían optar a dúas prazas por vivenda; “logo vendeunos unha escaleira en Carral acompañando á reforma”; e por último “ maquetó unha peonalización de Porta do Sol que eliminaba máis de 100 prazas do parking dunha plumada”.
 
“Pero a realidade é que case 4 anos despois non se fixo nada e o alcalde segue sen achegar nin unha soa medida para paliar o déficit de estacionamento”, proseguiu Fidalgo, contrapoñendo a esta actitude a do Partido Popular, que propón habilitar o aparcadoiro do antigo asilo para ofrecer unha alternativa.
 
Por desgraza, expón o popular, “o alcalde non só se tomou de broma a nosa proposta, que tivo unha magnífica acollida entre veciños e comerciantes, senón que agora vai empeorar o problema inhabilitando a rúa Poboadores”, denuncia.
 
Neste sentido, Miguel Fidalgo resaltou que “con grandes doses de demagoxia non se solucionan as cousas,” lamentando que “todo o que se lle ocorreu facer a Caballero ata agora é multar; mentir co parking da Porta do Sol; e insultar ao Partido Popular”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.