O PP alerta do “retroceso democrático” en Vigo co intento de Caballero de “apagar toda opinión crítica e avisa de que “non nos calarán”

Anuncia que realizarán un buzoneo por todo Vigo “para que os vigueses coñezan a verdade”, e pregúntase “que normativa municipal” prohibe estes valos”: “Cando o Concello pon valos criticando á Xunta parece que si que cumpren a normativa”
Publicado por o día 14/01/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP alerta do “retroceso democrático” en Vigo co intento de Caballero de “apagar toda opinión crítica e avisa de que “non nos calarán”
A portavoz popular Elena Muñoz denunciou hoxe “retroceso democrático” que sofre Vigo co intento de Caballero de “apagar toda opinión crítica, e ha aviado de que “non nos calarán”. Neste marco, a popular detallou en rolda de prensa a prohibición que sufriron á hora de publicar uns “valos informativos coas que queriamos mostrar a outra cara que sofre Vigo”, decisión que achacou á situación dunha cidade onde “impera o medo para manifestar calquera opinión contraria á oficialista”.
 
A líder dos populares revelou que o pasado 30 de novembro o PP contratou 5 valos informativos para que tivesen difusión o mes de decembro, e que, tras asinar o contrato, a empresa responsable negouse a realizar o traballo contratado alegando que ditas valos “incumprían a normativa municipal”.
 
“Preguntámonos que normativa municipal incumpre. Cando o Concello pon valos criticando á Xunta de Galicia, parece que si que cumpren a normativa”, lembrou, avanzando que ante esta negativa iniciarán unha campaña de buzoneo por toda a cidade para que os vigueses reciban esta información nas súas casas.
 
Elena Muñoz quixo destacar que estas son “uns valos reivindicativos, feitas desde o respecto e a ironía, pero tamén desde a denuncia” porque, insiste, “os vigueses teñen dereito a ver a outra cara de Vigo”. Neste sentido, a popular resaltou que esta é a realidade que o acalde trata de ocultar, a de “un Vigo que viviu un accidente gravísimo, que está sen plan xeral desde hai 3 anos e que ten 60.000 vigueses en risco de pobreza”.
 
“Parécenos gravísimo que non se poida poñer libremente uns valos”, incide, lamentando a interpretación da maioría absoluta que está a facer Caballero, que se traduce nunha carta para “o ordeno e mando”, onde non se fai nada se “o alcalde non o permite” e onde todos os actos son “a maior gloria do alcalde”.
 
Neste marco, e como lembrou, durante esta lexislatura modificouse o regulamento municipal, limitando os dereitos dos grupos da oposición; rompeuse o consenso á hora de nomear Vigueses Distinguidos, “facéndoo o alcalde ao seu antollo”; ou se eliminou calquera representación doutra cor política na Zona Franca ou no MARCO.
 
Elena Muñoz criticou que Caballero queira ocultar aos partidos da oposición, chegando mesmo, lembra, a “enviar á policía local para identificarme cando puxemos unha carpa do PP en campaña”. Así mesmo resaltou as represalias que sofren asociacións e colectivos que “se atreven a levarlle a contraria ao alcalde”, poñendo como exemplo á Federación de Veciños, aos que “está a negar o pan e a auga só por discrepar”. “Caballero distinguiu entre vigueses bos e malos”, profunda.
 
A popular denunciou a “preocupante e indignante” situación á que está a chegar a cidade no que respecta a liberdade de expresión, e apunta que desde o Partido Popular o que queren é “un Vigo que se escriba con V de vigueses e non de Venezuela”. “Esta é a realidade, pero non nos van a calar”, incidiu a popular, lembrando que xa denunciaron esta situación nos tribunais de xustiza cunha querela por ocultación de información, e que seguirán facéndoo tamén de forma pública.