O PP constata no barrio de O Freixeiro o abandono ao que ten sometido o alcalde á maioría das zonas de Vigo

Alfonso Marnotes cualifica este barrio como ‘a zona cero’ de Vigo polo seu lamentable estado e o esquecemento permanente no que viven os seus veciños
Publicado por o día 28/02/2020 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP constata no barrio de O Freixeiro o abandono ao que ten sometido o alcalde á maioría das zonas de Vigo

O portavoz popular, Alfonso Marnotes, e o concelleiro Jesús Marco González, visitaron hoxe o barrio de O Freixeiro acompañados dun numeroso grupo de veciños tras constatar o abandono no que vive esta céntrica zona. O grupo municipal xa se reuniu, previamente, cos veciños, quen lles informou e queixáronse do lamentable estado de O Freixeiro.

Alfonso Marnotes explicou que “hoxe iniciamos unha serie de roldas de prensa en barrios e parroquias da cidade seguindo as demandas dos veciños e facendo pública a situación de abandono e discriminación que sofren moitas zonas de Vigo. E, como exemplo desta discriminación, está o barrio de O Freixeiro, que é a zona cero do abandono. Aquí, nesta zona cero de Vigo, empezamos a visitar os barrios que están a monte por que non teñen o básico: o ‘Vigo a Monte”.

Os concelleiros afirmaron que “nos reunimos cos veciños e o que nos contaron é moi triste. Aquí evidénciase que para o alcalde hai dúas cidades: o Vigo que se ve, o do centro, e o que se ve menos ou nada. O Vigo que importa e o Vigo que non importa”.

En canto ás reivindicacións veciñais, “non son nada pretenciosas nin imposibles de realizar. Son aspiracións completamente normais e desde logo que dignificarían este barrio. Que ademais apenas supoñen custo económico”, asegurou Marnotes.

En canto ás peticións, enuméranse as seguintes, entre outras:

• Beirarrúas. Neste barrio non hai beirarrúas. A xente ten que camiñar pola rúa xogándose a vida

• Asfaltado: As rúas non se asfaltaron nunca desde que se fixeron. Hai fochancas por todas partes

• Limpeza: os veciños aseguran que por estas rúas non pasan os barrenderos e xamais se baldean

• Faltan contedores de reciclaxe

• Solicitan espellos para evitar accidentes en distintas travesías que, ao parecer, levan anos pedíndoos

• Outra reivindicación histórica é un badén e á entrada do colexio Altamar. Os nenos xóganse a vida ao cruzar alí.

• Un único Vitrasa que pasa por aquí. Cada hora, con sorte. E que non lles coincida en fin de semana porque entón están perdidos.

• E o que verdadeiramente dá pena e é unha mostra máis do deixamento deste alcalde, é o muro apontoado no camiño do Freixeiro. Un muro do concello que se derrubou e leva meses apontoado. Que ninguén vén arranxalo. E que por este deixamento, ademais, a rúa está pechada ao tráfico. Unha rúa que desconxestionaba Arquitecto Palacios. Vergoñoso novamente.

O PP considera que son reivindicacións moi sensatas, asumibles e que os veciños están no seu dereito de pedir. “Nós desde o grupo municipal sumámonos ás súas reivindicacións e apelamos ao sentido común para que desde o Concello, o alcalde tome nota e póñase por fin a traballar por todos os barrios de Vigo, non só polo centro. Por iso, iniciamos, desde hoxe, percorridos polas zonas da cidade que están abandonadas, as zonas que ao alcalde non lle importan e deberían importarlle porque os veciños pagan impostos como todos”, concluíu Alfonso Marnotes.

Fotografías