O PP critica a propaganda de Caballero “vendendo fume” cando non hai destinado “nin un euro” no orzamento para o proxecto de Marcador

Lamenta que Caballero “anuncie mentiras aos catro ventos” antes de que se inicie o período electoral, cando a realidade é que non hai “absolutamente nada”: “É un proxecto que non se vai a facer. Está a tomar o pelo aos vigueses”
Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP critica a propaganda de Caballero “vendendo fume” cando non hai destinado “nin un euro” no orzamento para o proxecto de Marcador

O concelleiro popular Miguel Fidalgo valorou hoxe o anuncio de Caballero no que presentou o proxecto da bancada de Marcador, criticando a propaganda do alcalde facéndose “unha foto vendendo fume” cando a realidade é que no orzamento municipal non hai destinado “nin un euro” para o devandito proxecto.
 
O concelleiro popular ha lembrado que xa pasaron 5 anos desde que Caballero anunciou o proxecto de reforma para “o gran Balaídos, o Guggenheim do fútbol europeo”, e que despois de 15 millóns de euros gastados en “unha auténtica chapuza de obra”, nin sequera terminouse a bancada de Río. “Non damos crédito, fan propaganda en modo superlativo. Tras 5 anos desde que foi co seu séquito para colocar a primeira pedra, a realidade é que non hai nada”, incidiu.
 
Miguel Fidalgo lamentou que Caballero “anuncie mentiras aos catro ventos”, algo que relacionou co inicio do período electoral, o que
 
impediría ao rexedor local realizar este tipo de anuncios a partir do día 5 de Marzo. “Hoxe vaise a facer a foto, pero non hai absolutamente nada. Non hai nin un euro no orzamento do Concello, nin no da Deputación, nin hai instrumento urbanístico polo cal encaixaría esa obra”, detalla.
 
“Dixeron que ía estar listo para 2017, que ían facer un proxecto para Gol e Marcador, e ademais a posibilidade de facer un aparcadoiro en Balaídos, que actualmente é moi necesario”, remarcou, sinalando que os orzamentos actuais do goberno local -sen partidas para Balaídos- déixano moi claro: “Nin vai continuar, nin vai terminar as obras do estadio de Balaídos”.
 
O concelleiro popular ha lamentado que Caballero siga “tomando o pelo” ao Celta e aos vigueses, e que estea a prometer unhas reformas que “nunca chegan e que non son máis que mentiras”. “Parece que Abel Caballero segue empeñado en botar ao Celta da nosa cidade. Ao alcalde de Vigo só impórtalle el mesmo, nin os celtistas, nin os vigueses”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.