O PP critica o estado de abandono en que se atopa a VG20 e pídelle ao alcalde que lle esixa o mantemento ao seu goberno en Madrid

O grupo municipal do PP lamenta a situación na que se atopa esta vía entre a rotonda de Zona Franca en Bouzas e a glorieta da avenida de Ricardo Mella en Navia
Publicado por o día 06/10/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP critica o estado de abandono en que se atopa a  VG20 e pídelle ao alcalde que lle esixa o mantemento ao seu goberno en Madrid

O portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, lamenta o mal estado en que se atopa a VG20, entre a rotonda de Zona Franca en Bouzas e a glorieta da avenida de Ricardo Mella en Navia, e a súa falta de mantemento.

“Os usuarios teñen que soportar a diario o mal estado do pavimento, con fochancas e chan esvaradío que fan perigosa a condución. E, ademais, nunha broma de mal gusto colocouse un cartel que pon ‘firme irregular’. Nós preguntámoslle ao alcalde se este é o interese que ten o seu goberno socialista en Madrid pola cidade. Se o seu Ministerio de Fomento non é capaz nin de arranxar unha estrada, da súa titularidade, non podemos esperar nada nesta cidade do goberno de Pedro Sánchez. En 15 meses non fixeron absolutamente nada e isto é unha proba de iso”, critica Alfonso Marnotes.

O grupo municipal lamenta a falta de mantemento dos viais da cidade. “O alcalde humaniza e logo abandona as rúas. Neste caso, que é de titularidade estatal, Abel Caballero non se ha dignado nin a descolgar o teléfono para avisar ao seu Ministerio de que o arranxen. Pero nin el, nin o delegado da Zona Franca, tamén socialista, molestáronse en pedir que a manteñan. Isto é o que lle importa a cidade a Abel Caballero. Cero mantemento”, conclúe o portavoz do grupo municipal do PP.

Comentar noticia

Your email address will not be published.