O portavoz popular, Alfonso Marnotes, ofreceu, esta mañá, unha rolda de prensa para criticar que o alcalde mente aos viaxeiros do Imserso cando lles asegura que, a próxima tempada, sairán máis avións desde Peinador ou que os buses partiŕ an de Vigo.
“O alcalde di que o ano que vén a licitación xa será completamente distinta. Pois ben, o actual concurso acábase de adxudicar por dúas tempadas, 19/20 e 20/21 , así que non haberá concurso ata dentro de dous anos como mínimo e poida que ata dentro de catro ou cinco se decide prorrogar o contrato”, explicou Marnotes. “Isto quere dicir que o ano que vén as condicións serán as mesmas que as deste ano, o que significa que nin en 2020 nin en 2021 haberá máis avións do Imserso desde Peinador. Así que Abel Caballero e o Imserso están enganado a todos os viaxeiros de Vigo e a súa área. É mentira”, afirma o portavoz popular Alfonso Marnotes.
Por outra banda, segundo recolle o prego de condicións, os usuarios, cando van contratar unha viaxe deste tipo, teñen que ter a posibilidade de marcar unha casa na que pidan que queren saír desde Vigo en bus. Agora ben, a día de hoxe o Imserso está a incumprir o prego de condicións e non está a ofrecer esta posibilidade, só permite opción desde Pontevedra. Marnotes tamén explicou que “ninguén sairá desde Vigo, seguirán saíndo desde Pontevedra. É máis, sabemos que as adxudicatarias non programaron saídas en bus desde Vigo”.
Ademais, Abel Caballero afirmou que confiaba no aumento da oferta de voos en Peinador se se cancelan as viaxes a Cataluña. “Outra mentira. A día de hoxe as viaxes a Cataluña están vendidos nun 90% desde aquí. Por tanto, esta posibilidade non se dá. É máis, o Imserso xamais incrementou a oferta duns destinos porque caia a demanda en outros”.
Por iso, o Partido Popular esíxelle ao alcalde que deixe de enganar aos viaxeiros e dígalles a verdade, xa que Vigo segue sen entrar nos plans do Imserso.
Noticias de última hora en Vigo