O PP critica que o alcalde non ten ningunha estratexia en materia de mobilidade e o desastre do carril bici é un exemplo diso

Garda nun caixón un Plan de Movilidad do ano 2014 e non executou ningún dos proxectos como o túnel de Praza de España ou a avenida de Madrid, cuxo convenio foi asinado coa entón ministra de Fomento Ana Pastor
Publicado por o día 18/09/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP critica que o alcalde non ten ningunha estratexia en materia de mobilidade e o desastre do carril bici é un exemplo diso

O Partido Popular critica que, na Semana Europa da Movilidad, ao alcalde non lle interesa ter unha estratexia nesta materia nunha cidade como Vigo na que o tráfico é sumamente importante. Abel Caballero garda nun caixón un ‘Plan de Movilidad Urbana Sustentable do ano 2014’ no que se inclúen propostas para mellorar a mobilidade en Vigo. “Non executou nada”, afirma Alfonso Marnotes.

Entre as propostas que se deberían realizar na cidade inclúense:

  1. Un paso inferior en Praza de España, que substituiría os actuais túneles con outro que conectaría Gran Vía Norte con Gran Vía sur e avenida de Madrid. Non se realiza porque non hai Plan Xeral.
  2. Mellora da accesibilidade á praia de Samil: onde está o carril central reversible, que podería funcionar como carril bus? E o carril bici da avenida de Europa.
  3. Reordenación da avenida de Madrid. Afirma Alfonso Marnotes que está sen executar porque o alcalde non llo pediu ao seu goberno socialista en Madrid. “Por que non lle escribiu unha carta desde a súa torre a Pedro Sánchez? O convenio está asinado desde que Ana Pastor era ministra de Fomento”.
  4. Ligazón de Buenos Aires. “Nin está nin se lle espera porque tampouco se atreve a pedirllo ao seu goberno socialista en Madrid”, asegura Marnotes.
  5. Conexión con futuro túnel de Guixar

Reestruturación do transporte público urbano:

  • Servizos á demanda.
  • Creación de novas liñas.
  • Carril bus na Gran Vía.
  • Carril bus na avenida de Castelao.
  • Carril bus na avenida de Castrelos.
  • Carril bus na avenida de Madrid.
  • Carril bus na rúa Venezuela.

“Pero onde están todos estes proxectos? Se o carril bus no canto de potencialo, cargoullo”, explica o portavoz municipal.

  • Interconexións entre transporte público e novos aparcamentos disuasorios. O PP critica que non fixo ningún aparcamento disuasorio.
  • Integración do uso ciclista dentro do espazo público. “Só hai que ver como está a integrar o carril bici. Moito nos tememos que ou corrixe o que está a facer nesas rúas ou vai haber un problema, como xa o hai agora co tráfico de vehículos e autobuses e as queixas de veciños e comerciantes en Pizarro, Camelias e Venezuela”, afirma Marnotes.
  • Vía verde. O grupo municipal lamenta que non se trata dunha vía verde, xa que é todo cemento.
  • Iluminación e sinalización nos pasos de peóns.
  • Defensa do peón en puntos singulares.
  • Beiramar: está en estudo a execución do novo túnel que prolongue o existente cara ao oeste. Sen noticias.
  • Avenida Arquitecto Antonio Palacios. Nin unha mellora. Só un asfaltado que uns días antes das eleccións fíxose a bulir e houbo que volver facer pasadas as eleccións.
  • Transporte público. “Cóntannos no plan que se mellorou a interconexión entre as liñas, minorando os transbordos e mellorando a frecuencia nas liñas con maior demanda. Mellor que isto llo pregunten aos usuarios para ver se é verdade”, afirma Marnotes.
  • Fomento do vehículo eléctrico e ecolóxico.
  • Melloras na xestión e regulación do estacionamento en superficie.
  • Adaptación de paradas e marquesiñas de autobús para persoas con mobilidade/capacidade sensorial limitada.
  • Servizos de transporte colectivo ao polígono de Valadares e previsións fronte á posta en marcha do novo hospital Álvaro Cunqueiro.

O Partido Popular critica que este Plan é papel mollado, non se aplica. “Empezou o curso escolar e o tráfico cada ano vai a peor. Vigo é a cidade máis grande de Galicia, aos cidadáns trátasenos como a menores de idade e nas políticas de mobilidade, como noutras cousas, o alcalde non está á altura da cidade”, conclúe Alfonso Marnotes.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.