O PP cualifica de “teatrillo” a reunión do alcalde co secretario de Estado “en funcións”

Elena Muñoz critica que o alcalde “continúa vendendo fume aos vigueses” ao reunirse cun cargo en funcións o día anterior á disolución das Cortes
Publicado por o día 05/03/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP cualifica de “teatrillo” a reunión do alcalde co secretario de Estado “en funcións”
A portavoz popular Elena Muñoz cualificou hoxe de “ teatrillo” a reunión que mantivo alcalde co secretario de Estado de Infraestruturas “en funcións”. “Unha gran escenificación, pero con cero beneficios para os vigueses”, sinalou.
 
Neste marco, Elena Muñoz criticou que o rexedor “siga vendéndolle fume aos veciños” ao reunirse cun cargo en funcións “xusto o día anterior á disolución das Cortes”. “Non nos parece serio nin responsable, aínda que non nos sorprende vivindo dun alcalde que leva meses lavándolle a cara ao goberno central só por ser socialista”, sinalou.
 
Así, a portavoz popular ha lamentado que o alcalde viaxe a Madrid facendo “campaña co diñeiro de todos” para reunirse cun secretario que “xa non ten ningunha capacidade de decisión”.
 
“O Goberno de Sánchez non se acordou de Vigo en todo este tempo. E o último día, o último minuto, atopámonos cun secretario de Estado de infraestruturas, en funcións, que vén sacarse unha foto co alcalde”, continuou Elena Muñoz, quen lembra que “estamos a falar do goberno que atrasou a chegada do AVE directo a Vigo ata 2030 como pronto; ou que nos deixou sen a gratuidade da peaxe a Redondela ou sen a entrada urbana en Teis, só por atender á área de xestión do señor Saura”, detalla.
 
Elena Muñoz incidiu en que “este secretario e este Ministerio” levan case 10 meses “ríndose de Vigo” mentres “o alcalde lávalles a cara”. “Por fortuna, mañá disólvense as Cortes, e en pouco máis dun mes os vigueses poderán elixir entre un goberno que lles dea as costas para satisfacer as demandas dos independentistas, ou un goberno serio e capaz de impulsar grandes infraestruturas”, como a alternativa á autovía Vigo – O Porriño, a ampliación de Rande, a gratuidade da peaxe a Redondela ou a nova depuradora.