O PP de Mos non levou acabo ningunha medida real contra a violencia machista das que anunciou

Por o 08/10/2018 | Sección: Galicia,GañaMOS,Mos,Política
O PP de Mos non levou acabo ningunha medida real contra a violencia machista das que anunciou

GañaMos ben a manifestar rotundamente o antifeminismo do Partido Popular, como amparan actitudes machistas e en Mos non estamos exentos deste desprezo ao feminismo, así o deixa patente a sra. Arévalo cando repite unha e outra vez que feminismo e igual que machismo, así o demostro no vindeiro pleno cando demostramos como ningunha das medidas anunciadas levouse a cabo durante estos anos. Estamos cansas da continúa política de photocall da sra. Arévalo e máis nun tema vital como é a loita contra a violencia machista. Esta ben que se fagan excursións ou bailes de zumba para mulleres pero estos quedan en meros baños de masas para Arévalo xa que cando entramos a valorar o alcance das medidas tanxibles adoptadas atopámonos cun inmenso baleiro.  Non se convoca a Mesa contra a Violencia, non se sabe nada da Comisión Municipal de Igualdade, a Guía de Linguaxe Inclusiva dormita no caixón do esquecemento de Arévalo igual que a nosa solicitude para que as forzas de seguridade de Mos teñan formación especial para atender ás vítimas.

NON SRA ARÉVALO,  FEMINISMO NON É IGUAL QUE MACHISMO

Non é a primeira vez que escoitamos a Arévalo desprezar ao feminismo e as mulleres que cren na súa causa. Este desprezo nace do medo que teñen a un movemento masivo que medra cada día máis, asustalles tanto que ata chegan ao absurdo de declarar publicamente que feminismo e machismo son o mesmo. Eso si, o goberno municipal do PP non desaproveita ningunha ocasión para sair na foto con titulares a prol da igualdade das mulleres facendo festas e excursións varias. Aínda que parecenos moi ben que se fagan excursións de mulleres mosenses ás Illas Cíes ou calquera outro lugar, nas que nos mesmas tamén participamos, para reforzar os alierces entre as mulleres pero parece que con Arévalo todo queda nunha sesión de fotos continúa, nun eterno fhotocall de si mesma. As medidas importantes nacen e morren no titular de prensa.

A Mesa contra a Violencia leva dous anos sen reunirse, da Comisión Municipal de igualdade que publicitaron nun acto no Multiusos, nunca máis se xuntou, nin nada se sabe da mesma. A Guía de Linguaxe Inclusiva dormita no caixón do esquecemento de Arévalo igual que a nosa solicitude para que as forzas de seguridade de Mos teñan formación especial para atender ás vítimas. Este é o bagaxe real do Partido Popular contra a violencia machista, esto é o que queda cando se apagan os flashes: nada.

Incluso menos que nada, xa que ademais de non aportar solucións reais, Arévalo e compañia vetaron todas as nosas mocións a favor do feminismo e de apoio á pasada folga feminista do 8 de marzo. Mentres millóns de mulleres saian a rúa a esixir solucións, Arévalo alardeaba de esquirolaxe fotografiandose no seu despacho. Para entender como desprezan  o feminismo e o pouco que lle importan os problemas das mulleres só hai que ver como converteron nun chiringuito o Centro de Información a Muller contratando a unha exconcelleira do PP para rexentalo.

O movemento feminista reclama implantar medidas concretas que pouco teñen que ver coa política de fotonovela de Arévalo. Na excursión ás Illas Cíes esta señora estaba tan pletórica pensando que todas as mulleres que participaron ían a vela a ela, tan eufórica co baño de masas que ata se prodigou parodiando en público ao Alcalde de Vigo. Que escasa dignidade aporta ao cargo de alcadesa de Mos e en cantos problemas meteunos coa cidade olívica, problemas que logo pagamos as veciñas e veciños de Mos, finalizan desde GañaMos.

Feminismo

Parecenos moi ben que se fagan excursións de mulleres mosenses ás Illas Cies ou a calquera outro lugar para reforzar os alierces entre as mulleres pero parece que con Arévalo todo queda nunha sesión de fotos continua. Cando vai o PP a convocar a Mesa contra a Violencia? Cando vai a convocar a Comisión Municipal de Igualdade que crearon? Cando vai a aplicar a Guía de Linguaxe Inclusiva aprobada? Para entender como despreza o PP ao feminismo e o pouco que lle importa os problemas das mulleres só hai que ver como converteron o CIM nun chiringuito contratando a unha exconcelleira do PP para rexentalo.

Publiée par GañaMós Asemblea Veciñal sur Dimanche 7 octobre 2018

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.