O PP de Mos usa servizos municipais para cuestións privadas

Publicado por o día 03/09/2018 na sección de Galicia,Mos,Política,PSOE

O PP de Mos usa servizos municipais para cuestións privadas

O pasado domingo 2 de setembro o Partido Popular celebrou un acto interno en Sanguiñeda no que empregou servizos públicos sufragados cos impostos de todos. A súa carpa, colocada nun terreo asfaltado e con pouco risco de sufrir un incendio contou cun coche de protección civil, dous camións de bombeiros e a lo menos 4 empregados municipais como o corroboran as imaxes.

Nun día caluroso de verán no que hai riscos de posibles incendios, os servizos de emerxencias deberían estar en alerta para posibles problemas que xurdan. E si se queren cubrir os actos ou as festividades do concello para evitar problemas maiores unha patrulla debería estar na Xuntanza do monte de Tameiga na que había maior risco de altercado forestal, onde tampouco houbo representación do Partido Popular xa que se ía ler un comunicado defendendo o monte fronte a area comercial do proxecto do Celta.

A voceira socialista, Patricia Pérez, recórdalle a rexedora Arévalo que os servizos pagados por todos non son para usos privados e que este feito responde unha vez máis a súa inaptitude coma alcaldesa do Concello de Mos xa que demostra intereses partidarios fronte a defensa da veciñanza. Engade que si de producirse un incendio no concello e non poder socorrelo a tempo por estar cubrindo un acto do PP, que lle diría as e os mosenses?.