O PP de Vigo acudirá á concentración de Colón deste domingo para defender a unidade de España

“A maioría dos vigueses identifícanse cos valores que defenden a unidade de España. É unha pena que o noso alcalde socialista non estea a defender a unidade de España, como si fan outros socialistas históricos”, expón Fidalgo
Publicado por o día 08/02/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP de Vigo acudirá á concentración de Colón deste domingo para defender a unidade de España

O PP de Vigo estará representado na concentración de Colón deste domingo contra as políticas de Pedro Sánchez e en defensa da unidade de España.
 
Así, entre os cargos que acudirán a Madrid esta fin de semana atópanse a presidenta local Elena Muñoz, o senador Miguel Fidalgo, ou o concelleiro e presidente nacional de NNGG, Diego Gago.
 
Ademais, e como detallou Fidalgo, fretaranse autobuses que sairán o sábado ás 12 da noite para que asistan “todos os militantes e simpatizantes que nos pediron ir”.
 
“Hai mesmo militantes socialistas que nos chamaron porque queren vir no autobús do PP, porque a maioría dos vigueses identifícanse cos valores que defenden a unidade de España”, subliñou.
 
Neste sentido, Fidalgo lamentou que o noso alcalde socialista non estea a defender a unidade de España, como si fan outros socialistas históricos como Felipe González ou Alfonso Guerra”.
 
“É unha pena que Caballero cambiase o seu suposto españolismo, co que non fai tanto pedía a aplicación do 155 cando gobernaba Rajoy, e que agora está calado porque está na poltrona da FEMP cos apoios de nacionalistas e independentistas”, relata.

Comentar noticia

Your email address will not be published.