O PP de Vigo considera a Sánchez o peor presidente da democracia para os vigueses e lembra o ninguneo a Vigo nos orzamentos socialistas

Elena Muñoz sinala que Sánchez é o peor presidente para os intereses de Vigo: “A gratuidade da peaxe de Rande, a autovía Vigo-Porriño ou a conversión en tramo urbano da AP-9 son obras paralizadas polo goberno socialista”
Por o 17/04/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
O PP de Vigo considera a Sánchez o peor presidente da democracia para os vigueses e lembra o ninguneo a Vigo nos orzamentos socialistas
Compartir en:
A candidata local Elena Muñoz cualificou hoxe a Sánchez como “o peor presidente da democracia para os vigueses” e lembrou o “ ninguneo a Vigo” nos orzamentos socialistas, criticando que o presidente socialista levase o diñeiro dos vigueses a “Cataluña, Valencia e País Vasco” a cambio de estar na Moncloa. “O vigueses non temos que agradecer nada a Sánchez; é o peor presidente que tivemos para o interese de vos vigueses e dos españois”, subliñou.
 
Neste sentido, a popular lembrou algunhas das “obras paralizadas polo goberno socialista” entre as que citou “a gratuidade da peaxe de Rande, a autovía Vigo-Porriño ou a conversión en tramo urbano da AP-9 desde as Torres de Padín”.
 
Así mesmo, resaltou outras decisións que “prexudicaron a Vigo” como o peche do ISFAS, xa en proceso, ou o imposto ao diésel, que causa un grave prexuízo ás economías familiares e a empresas como Citroën, que é “unha fábrica crave no emprego da nosa cidade”, e a toda a industria auxiliar.
 
Elena Muñoz lembrou que os Orzamento do Estado dos socialistas deixaron claro “o que lles importa Vigo”, e criticou que Caballero “aplauda” e “estea empeñado en facer ver todo o que desbloqueou Sánchez cando non fixo nada”.
 
“Fotos moitas, papeis ningún. Non temos nada que agradecerlle. Só prexudicou a Vigo en 9 meses nefastos para esta cidade. Grazas por nada, señor Sánchez”, proseguiu a popular.
 
Por este motivo, Elena Muñoz pediu a Sánchez que “se marche e non volva”, e a Caballero que “deixe de mentir aos vigueses”, porque se gobernan os socialistas “Vigo seguirá esquecido, crecerá o paro, pecharán fábricas e preocuparanse da propaganda en lugar de por os intereses da cidade”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.