O PP de Vigo demandou hoxe ao goberno central en funcións a construción da subestación eléctrica 220 kv Novo Vigo ao tratarse de “unha infraestrutura fundamental para o futuro económico e empresarial de Vigo”.
Para iso, o senador vigués Miguel Fidalgo rexistrou unha pregunta escrita no Senado na que solicita resposta acerca de “cales son os motivos polos que o Executivo non vai acometer a construción da subestación eléctrica 220 kv denominada Novo Vigo desde a liña Atios-Pazos”.
Non en balde, a infraestrutura permitiría un abaratamento de custos e a mellora da competitividade das empresas, sendo tamén necesaria para atender a demanda industrial do Polígono de Balaídos, tal e como estaba proxectada na planificación 2015-2020 para levar a cabo en 2020.
Neste sentido, convén lembrar que na zona de Vigo ningunha empresa pode engancharse á Rede eléctrica en 220 kv; en cambio, no norte de Portugal hai tres puntos onde as empresas pódense enganchar.
Así mesmo, no Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica (REE) 2016-2020 aprobouse a aplicación das condicións de excepcionalidade necesaria para a extensión da Rede de Transporte de 220 kv desde a liña ATIOS-PAZOS a Vigo.
Neste sentido, Fidalgo reivindicou a necesidade desta subestación “para que a a PLISAN (Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves) ou a fábrica do grupo PSA poida conectarse directamente e melloren a súa competitividade”. Igualmente, a estabilidade do servizo melloraría e a factura abarataríase para os usuarios.
Noticias de última hora en Vigo