O PP de Vigo valora as contas da Xunta para o 2020: “Leccións orzamentarias de Abel Caballero, ningunha”

Publicado por o día 21/10/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP de Vigo valora as contas da Xunta para o 2020: “Leccións orzamentarias de Abel Caballero, ningunha”

O portavoz do grupo municipal do PP en Vigo, Alfonso Marnotes, valorou os orzamentos da Xunta para o próximo 2020, polo que destacou os investimentos que o Goberno galego realizará na cidade olívica, por exemplo na nova Ciudad da Xustiza, na estación intermodal ou no centro de saúde de Bouzas. Con todo, criticou “o discurso” do alcalde vigués: “Leccións orzamentarias de Abel Caballero, ningunha”.

Nunhas declaracións difundidas aos medios polo PP vigués, Marnotes asegurou que Caballero “non se leu os orzamentos” xa que “ten o discurso xa feito desde hai anos e sempre é o mesmo”.
“Esquéceselle todo o que a Xunta vai dedicar á Cidade da Xustiza, á intermodal ou ao centro de saúde de Bouzas, ao novo centro de maiores da ETEA ou á ampliación de Navia”, reivindicou.
Sobre este barrio vigués, Marnotes engadiu que é o alcalde o que “se nega con escusas de todo tipo” a amplialo e criticou que desde que goberna o PSOE a nivel estatal “non di nada” de soterrar a VG-20 (unha das condicións que Caballero poñía para dar o visto e prace á ampliación de Navia que propón a Xunta).

“Dos que non esperamos nada é dos Orzamentos Xerais do Estado do Goberno de Pedro Sánchez porque non houbo presupostos en 2019 e non haberá ata ben entrado o 2020. Pasariamos en branco, a cero euros, o investimento en Vigo do Estado. O mesmo podemos dicir do Concello, que pechou o 2018 cun 60%.