O PP demanda ao alcalde por vulneración de dereitos fundamentais ao “ocultar información” tras case 30 incumprimentos no que vai de lexislatura

A portavoz popular Elena Muñoz explica que a querela se presentou o 27 de novembro -“coa máxima discreción, aínda que posibles filtracións obrígannos a facelo público”- sendo admitida a trámite o pasado 13 de decembro
Por o 18/12/2018 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
O PP demanda ao alcalde por vulneración de dereitos fundamentais ao “ocultar información” tras case 30 incumprimentos no que vai de lexislatura
Compartir en:
A portavoz popular Elena Muñoz anunciou hoxe que o seu grupo municipal ha presentado unha demanda contra o alcalde de Vigo por vulneración de dereitos fundamentais ao “ocultar información” solicitada, tras case 30 incumprimentos no que vai de lexislatura.
 
Dita demanda, tal e como indicou a popular, foi admitida a trámite polo xulgado tras “presumir a posible existencia dun delito contra o exercicio dos dereitos cívicos” e xa se empezaron a practicar as dilixencias previas citando ao secretario do concello de Vigo para declarar en calidade de testemuña o próximo 26 de febreiro.
 
Na súa comparecencia, Elena Muñoz explicou que en todo momento pretendeuse tratar a querela presentada o pasado 27 de novembro e admitida a trámite o venres 13 de decembro, “coa máxima discreción”, aínda que debido a “que nos chegaron filtracións”, viuse obrigada a facelo público.
 
“Insisto en que queriamos levalo con absoluta discreción, non é a vía que queriamos tomar xa que confiamos no funcionamento democrático das institucións, pero este é o único camiño que nos deixou o alcalde”, lamentou Elena Muñoz, sinalando como causa principal as dificultades que o goberno local pon para o acceso á información dos grupos da oposición.
 
A líder dos populares citou entre a información non entregada, ou remitida fóra do prazo legal, temas tan importantes para os vigueses como a analíticas da auga; a prórroga do contrato de Aqualia –cunhas condicións non facilitadas á oposición-; o alcance das obras do estadio de Balaídos; o procedemento de contratación do parking da Praza de Portugal ou o expediente sobre o accidente de O Marisquiño. “Este foi o punto de inflexión; ata aí podiamos chegar”, incidiu Elena Muñoz, lembrando que para acceder a este último, tiveron que recorrer á ameaza de acudir aos tribunais e “aínda así non recibimos a totalidade da documentación”.
 
Neste sentido, a popular lamentou ter que xudicializar a vida política, pero ante as constantes negativas á hora de facilitar información do goberno local, declarou que “non nos deixaron outro camiño”. “Os vigueses teñen dereito a coñecer e a que se defenda os seus dereitos”, apuntou, subliñando que os grupos da oposición “están lexitimados polos votos dos vigueses, igual que o está o goberno, a acceder á información”. Así, criticou que “se pisen os dereitos” da oposición: “Non hai ninguén que sexa dono das institucións nin que estea por encima da lei”.
 
A portavoz popular ha explicado que os feitos denunciados figuran no artigo 542 do Código penal, que engloba delitos contra o exercicio e outros dereitos cívicos por parte dunha autoridade ou funcionario público. “Esta obrigación de facilitar información está a ser incumprida reiteradamente polo goberno local e impídenos facer o noso labor democrática de control do goberno”, detallou a popular.

Una respuesta para "O PP demanda ao alcalde por vulneración de dereitos fundamentais ao “ocultar información” tras case 30 incumprimentos no que vai de lexislatura"

  1. Gamela   19/12/2018 at 8:25

    A boas horas… cando quedan 5 meses para as eleccións !

    Algúns levamos varios anos solicitando os índices de depuración da EDAR do Lagares e os responsables están na Xunta de Galicia, máis concretamente en Augas de Galicia (cuxo director foi sustituido en silencio pola mesma Xunta)

    Hai un amplio dossier que igual lle viña ben ao xuíz encargado de estudar a querela que agora -tarde, mal e arrastras, e de xeito torticeiro- presenta a chamada “oposición” que leva toda a vida Mirando para Cuenca !!!

    https://flic.kr/p/QpAGAj

    Sobre todo porque o Canon de Saneamento o pagamos no recibo cada dous meses e ninguén dá información algunha !!!

    Cartos ao queixón, Kirie Eleysón!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.