O PP denuncia as “obras interminables” de Venezuela e esixe prazos de finalización realistas e compensacións aos comerciantes polo dano causado

A portavoz popular solicita ao alcalde que “acelere a obras, que dea un prazo de finalización e que articule subvencións e bonificacións na taxa do lixo” para apoiar ao comercio da zona “como se fai noutras cidades”
Publicado por o día 17/10/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP denuncia as “obras interminables” de Venezuela e esixe prazos de finalización realistas e compensacións aos comerciantes polo dano causado

A portavoz popular, Elena Muñoz, pediu hoxe ao alcalde de Vigo que se articulen medidas de apoio e axuda aos comerciantes da rúa Venezuela ante a confluencia de “unhas obras interminables” que lles están prexudicando economicamente.

A portavoz popular ha solicitado a Abel Caballero que acelere as obras e dea un prazo de finalización concreto aos veciños e comerciantes, así como “subvencións e bonificacións na taxa de lixo” para apoiar ao comercio da zona tal e como “se fai noutras cidades”. “Teñen unha taxa de lixo moi elevado, aínda cando levan meses sen ter un servizo de recollida en condicións”, detallou.

Elena Muñoz subliñou as innumerables queixas de veciños e comerciantes que están “absolutamente desesperados” ante as obras do parque infantil e das de mellora do abastecemento e do saneamento. “Son obras que desde o PP apoiamos e pedimos que se renove o abastecemento e saneamento, pero ante o prexuízo e as molestias aos veciños, hai que tentar facelas en lle menor tempo posible”, incidiu.

Neste contexto, Elena Muñoz lembrou que o parque infantil de Venezuela leva 10 meses en obras e que aínda non está acabado, cando a súa data de apertura prevíase para o mes de febreiro. “Os veciños mesmo nos din que desde hai un mes non se moveu nada”, apuntou, destacando que actualmente segue sen saberse cal será o prazo de finalización das obras polo que as familias e nenos da zona continúan sen ter o parque á súa disposición.

Así mesmo, a popular tamén quixo destacar que as obras de abastecemento e saneamento ás que está a ser sometida a rúa Venezuela tiñan que estar acabadas o pasado mes de setembro -segundo consta no prazo de adxudicación- e que actualmente o escenario é que “segue todo levantado”. “A consecuencia directa é que segue incrementando o prexuízo económico aos comerciantes da zona”, lamentou.

Neste sentido, Elena Muñoz sinalou que os comerciantes se mostran medorentos ante a proximidade dun período tan crucial para o comercio como é o Nadal. Segundo sinalaron os propios comerciantes, de seguir con esta situación de caos e obras inacabadas os consumidores da zona desprazaranse a realizar as súas compras a outras con mellor accesibilidade.

A portavoz popular ha criticado que ante esta preocupante situación, o alcalde non “baixe do seu pedestal” e estea “a xogar coa paciencia e a economía de moitas persoas” ao non escoitar de primeira man os graves problemas que están a ter na rúa Venezuela. “Pedímoslle que se baixe do seu coche oficial, fale cos veciños e comerciantes e déase conta de que cando se empezan unhas obras hai que acabalas canto antes”, concluíu.