O PP denuncia que o alcalde ten paralizada a apertura do aparcadoiro da Praza de Portugal por ser a mesma concesionaria que a da zona azul

Diego Gago advirte que mañá se vai a producir o aceso de luces de Nadal e “todos os que veñan ao centro non terán onde aparcar” porque “Caballero prefire ocultar o drama que están a vivir os empregados da XER”
Publicado por o día 23/11/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP denuncia que o alcalde ten paralizada a apertura do aparcadoiro da Praza de Portugal por ser a mesma concesionaria que a da zona azul
O concelleiro popular, Diego Gago, denunciou hoxe que o alcalde mantén pechado o aparcadoiro de Praza de Portugal porque a concesionaria é a mesma que a da zona azul, e “en caso de abrilo tería aquí manifestándose a decenas de traballadores en folga e ás súas familias”.
 
“As primeiras luces que se acenderon en Vigo son as que marcan a dispoñibilidade de prazas deste aparcadoiro que, como poden ver, están xa en verde”, ironizou o popular na porta de acceso principal, onde incidiu en que o parking leva “semanas terminado e sen abrirse” porque “Caballero prefire ocultar o drama humano que están a vivir os empregados da XER”, que suman xa 84 días en folga, con 8 deles en folga de fame desde o inicio desta semana.
 
Unha “vergoñosa decisión política”, detallou Diego Gago, que ademais está a xerar graves prexuízos a todos os vigueses. Non en balde, e como explica, co aceso de luces do Nadal programado para mañá “o centro da cidade colapsarase, e nin vigueses nin visitantes van ter onde aparcar”.
 
“A realidade é que temos un parking terminado, acumulando po, e o alcalde de Vigo non o abre única e exclusivamente porque a concesionaria que posúe este parking é a mesma que o grupo de empresas que posúe a zona azul de Vigo. Non lle importa prexudicar a vigueses e comerciantes, deixándolles sen aparcadoiro”, lamentou Gago, subliñando que este parking, xunto ao da Porta do Sol, leva case 4 anos sen dar servizo nunha zona onde os aparcadoiros en superficie son moi limitados.
 

Máis de 500 prazas

 
“En total, desde o inicio desta lexislatura está a privarse aos vigueses de preto de 500 prazas en pleno centro”, argumentou, á vez que lembrou que o PP leva anos denunciando as “promesas incumpridas do alcalde e os continuos atrasos” en ambos os aparcadoiros.
 
“Escoitamos ao alcalde anunciar por activa e por pasiva, aos catro ventos, que a apertura do parking da praza de Portugal ía ser xa a comezos de 2017, logo a inicios de 2018, logo en abril, máis tarde en outubro, nunha rolda de prensa que deu aquí mesmo…”, resaltou Gago, quen sinalou que para evitar toda esta situación bastase con “actualiza a concesión antes de que finalizase a anterior, algo que todo o mundo sabía.