A concelleira popular Elena González denunciou hoxe que denuncia que “o goberno local prefire ter a unha muller na rúa” antes que ofrecerlle unha das 3 vivendas baleiras que ten en As Roteas. “É incrible falta de humanidade do alcalde e do seu equipo de goberno. Estamos a falar dunha nai con tres fillos, e non son capaces de ofrecerlle unha solución que teñen nas súas propias mans”, detallou.
Neste sentido, Elena González lembrou que estes 3 pisos foron cedidos polo IGVS para vivenda social en 2012, e que levan xa 6 anos baleiros. “A verdade non é opinable. O PP de Vigo denunciou o 4 de maio de 2016 a existencia deses pisos, e este goberno, para variar, mentiu e acusounos de desvelar, supostamente, a súa localización xa que eran para mulleres maltratadas. O 6 de maio, dous días despois, para cubrir a súa propia mentira cambiaron o seu uso destinándoos a vítimas de violencia de xénero”, relatou, indicado que, en calquera caso, as vivendas seguen baleiras e unha delas “podería ser perfectamente para Aicha”, a quen “só está a axudar a Xunta co programa Reconduce e o Bono de Alugueiro Social”.
Neste marco, a popular urxiu ao acalde a “deixar o seu orgullo ao carón” e incorporar a Vigo ao programa de vivendas baleiras, lembrando que a cidade sofre 1 desafiuzamento cada 2 días. “Sorprende que un concello como este non se preocupe de que hai unha chea de mulleres con fillos que foron desafiuzadas e ás que ninguén lles bota unha man”, lamenta.
Elena González subliñou que Vigo está a converterse en “capital galega da pobreza”, á cabeza da RISGA ou con 63.000 persoas baixo o limiar da pobreza. González sinalou que actualmente a tramitación da RISGA “é de case 6 meses” e que ao alcalde só interésalle “presumir de pobreza, de que cada vez dá máis cheque social”, cando a realidade, expón, é que “a media que se destina por habitante en Vigo é de 42 euros, moi por baixo da media en España, que é de 60”.
Neste sentido, a popular convidou á concelleira de Política Social a “comezar a facer o seu traballo e atender todos estes problemas”, empezando por mellorar a situación do seu departamento, que conta só con 13 traballadores sociais fronte ás 30 que debería sumar como recomenda a lei. “Temos uns traballadores sociais de chapó, pero a realidade é que temos 1 cada 25.000 habitantes cando o normal sería dispoñer de 1 cada 8.000”, resaltou Elena González.
Elena González lembrou que o alcalde “vive de costas a toda esta crúa realidade” porque “non lle interesa”, como demostra coa acampada que ten diante do Concello, á que leva 2 anos sen recibir a pesar de que nela durmiron 1.400 usuarios desde marzo porque non o poden facer noutro lado. “O alcalde afíxose ao totalitarismo, cando Vigo sempre foi unha cidade solidaria e acolledora”, engade.
“Que se preocupen menos do PP e máis dos vigueses”
A edil popular ha mostrado a súa sorpresa polas declaracións da concelleira Isaura Abelairas sobre unha rolda de prensa onte. “Non deixan de sorprendernos. Esa rolda de prensa deuna a Federación Veciñal, non a nosa presidenta e portavoz. Pero igual a señora Abelairas non se decatou porque estaba a escribir non se sabe que críticas en redes sociais”, indicou.
Elena González convidou á concelleira socialista a “preocuparse menos polo PP e máis polos vigueses”, á vez que lamentou as cousas que parece disposta a facer para “ir na lista”. “Xa pasou a semana pasada co señor Font, que falaba do PP respondendo a unha roda de Marea. Debe ser que lles molesta a nosa oposición, pero pídolles por favor que se ocupen dos vigueses, non de nós”, concluíu.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.