O PP denuncia que o Ministerio de Fomento desautoriza a Caballero dando unha portada á ordenación provisional de Recaré

O Ministerio de Transportes rexeitou ata tres veces o proxecto, que ten informes favorables do Concello e da Xunta
Publicado por o día 14/02/2020 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP denuncia que o Ministerio de Fomento desautoriza a Caballero dando unha portada á ordenación provisional de Recaré

O Partido Popular denuncia que o Goberno central do PSOE non lle faga nin caso ao alcalde de Vigo, Abel Caballero. O organismo Estradas, dependente do Ministerio de Transportes, rexeitou, novamente e por terceira vez, a área de Recaré prevista para a cidade.

“É un escándalo que o concello teña que acudir á Xunta para sacar adiante unha ordenación provisional dun ámbito previsto no Plan anulado e o Ministerio socialista de Fomento bótello abaixo”, lamenta Alfonso Marnotes.

“Isto é unha mostra máis de como ignoran ao alcalde de Vigo en Madrid. É un proxecto que xa rexeitaron tres veces e Abel Caballero segue de brazos cruzados. En Vigo non hai Plan Xeral, a Xunta acode en axuda da cidade cunha ordenación provisional que o propio alcalde impulsa, anuncia e apoia e agora resulta que o Ministerio de Fomento di que non pode facerse. Vai a Madrid a entrevistarse con cargos dos Ministerios para que? Para que lle tomben proxectos promovidos polo concello e autorizados pola Xunta”, critica o portavoz popular.

O PP pregúntase por que o alcalde non tratou este tema en Madrid. “Onte viaxou á capital e resulta que as malas noticias as oculta, que todo é marabilloso e que o Goberno de Pedro Sánchez o é que máis fixo por Vigo. É mentira. O goberno de Pedro Sánchez ignóranos, ignora a Vigo, maltrata a Vigo e desautoriza ao Alcalde non unha, senón tres veces. E todo isto coa complicidade de Abel Caballero, que mira para outro lado”, conclúe Marnotes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.