O PP denuncia un novo episodio de “corrupción política” do goberno local e esixe a dimisión de Carmela Silva

O concelleiro popular, Miguel Fidalgo, sinala que o mesmo funcionario que “manobrou para enchufar á cuñada de Carmela Silva”, levaba máis de 4 anos contratando cunha empresa vinculada coa súa familia por un importe superior a 400.000 euros
Publicado por o día 13/05/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP denuncia un novo episodio de “corrupción política” do goberno local e esixe a dimisión de Carmela Silva

O concelleiro popular, Miguel Fidalgo, denunciou hoxe un novo episodio de “corrupción política” por parte do goberno local no Concello de Vigo. Un “escándalo” vinculado a “enchufes e contratos para amigos”, indicou.
 
Neste sentido, o popular sinalou que o mesmo funcionario que “manobrou para enchufar á cuñada de Carmela Silva”, levaba máis de 4 anos contratando cunha empresa vinculada coa súa familia por un importe que supera os 400.000 euros. Segundo explicou o propio Fidalgo, a contía revelada repártese a través de “uns cincuenta contratos pequenos e medianos”.
 
“Todo isto despois de que o enchufe da cuñada de Silva custásenos máis 128.000 euros”, prosegue Fidalgo, quen lembrou que ata a data ningún dos implicados na trama asumiu as súas responsabilidades políticas nin devolveu “o diñeiro roubado aos vigueses”, motivo polo que volveu esixir a dimisión de Carmela Silva,
 
“xa que está inhabilitada para exercer calquera cargo de responsabilidade pública”.
 
Miguel Fidalgo destacou que este novo caso sae á luz tras as denuncias do Partido Popular sobre a forma de proceder do funcionario municipal en conivencia co goberno local, e lanzou un chamamento aos cidadáns para que nas próximas eleccións municipais “voten por un cambio” que permita deixar atrás “a malversación de diñeiro público” e “o enchufismo e o amiguismo”.
 
“Se os vigueses queren que deixen de roubarlles, de enchufar a amigos e a familiares, que cambien o seu voto, porque votar a Caballero e ao Partido Socialista é contribuír á corrupción política”, profunda.
 
Neste contexto, Miguel Fidalgo lembrou que o goberno municipal de Vigo é “o que ten máis procesados e imputados de España” e avogou por substituílo por un goberno “honrado, honesto e que traballe de verdade polos vigueses” encabezado pola candidata popular Elena Muñoz.