O PP destaca que o alcalde fixo un orzamento “sen unha soa idea nova” que “parece un disco raiado que cada vez gusta a menos xente”

Miguel Fidalgo subliña que o 96% do orzamento de investimentos para o próximo exercicio repítese: “Dos 30,1 millóns previstos, só 1,3 millóns son partidas novas”
Publicado por o día 05/11/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP destaca que o alcalde fixo un orzamento “sen unha soa idea nova” que “parece un disco raiado que cada vez gusta a menos xente”

O concelleiro Miguel Fidalgo analizou hoxe os orzamentos municipais de 2019, sobre os que apuntou que “non teñen nin unha soa idea nova”. “Parecen un disco raiado coa mesma música que cada vez gusta a menos xente”, sinalou, lembrando que “os orzamentos son a folla de ruta que guía a política deste concello, e o que nos atopamos é que ano tras ano se repite a mesma historia”.
 
Neste sentido, o popular subliñou que o 96% do orzamento de investimentos para o próximo exercicio é igual que o de anos anteriores. Así, e como detallou, “dos 30,1 millóns previstos para investimentos, só 1,3 millóns son partidas novas”. Fidalgo ironizou sobre como “un alcalde tan imaxinativo e ao que se lle ocorren cousas tan estrafalarias” non foi capaz de implementar nada novo nos citados orzamentos locais.
 
Neste sentido, sinalou que estas son unhas contas “feitas sen pés nin cabeza”, sobre as que adiantou que, “como de costume, non se van a cumprir”, e nas que non figura nin un só euro para a potabilizadora, para o pavillón de Matamá, para os accesos ao Párroco Don Camilo ou para a reforma de Balaídos.
 
Unha reforma sobre a que avanzou que a Deputación tampouco poñerá “nin un só euro” o ano que vén. “O alcalde segue botando ao Celta da cidade co seu comportamento irresponsable en contra dun das iconas de Vigo”, criticou, lembrando que “ata ben entrado o ano 2019 ninguén vai ver obras no estadio porque o alcalde di que non se vai a gastar un duro na reforma”.
 
Así mesmo, o edil popular ha destacado tamén a rechamante redución do orzamento en 50.000 euros da cantidade destinada a controis de calidade da auga, algo que Fidalgo criticou apuntando que “debe ser que a auga dos vigueses é moi boa e xa non fai falta máis análise”, en relación aos numerosos problemas que ten a cidade coa cantidade e calidade da mesma.
 
Ademais, detallou outras partidas recollidas nos orzamentos, como a diminución do apoio ao comercio local, que se reduce un 50% -de 140.000 a 75.000 euros-. Unha decisión que, como expón, contrasta co incremento do gasto en iluminación do Nadal un 30%, en decorados un 132%, ou do orzamento para Festas de Vigo, que alcanza os 3 millóns: “Si que nos sae cara a actuación do teloneiro”.
 

Contas desvirtuadas

 
O edil popular ha lamentado que estas son unhas contas que “nacen desvirtuadas”, como advirte o interventor municipal no seu informe, onde cifra a execución total das mesmas en 214 millóns, lonxe dos 257 orzados; e onde recoñece que os ingresos están cuantificados á baixa: “Outro ano máis, haberá moitos máis ingresos dos que prevé o orzamento”.
 
Neste sentido, Fidalgo avanzou que “os únicos que cumprirán co orzamento serán os vigueses”, que pagarán puntualmente “os impostos máis altos de Galicia”. Non en balde, e como resaltou, “hoxe ao alcalde de Vigo tócalle o gordo de Nadal”, con 67,4 millóns de euros ingresados por IBI, un “récord histórico” de recadación neste imposto municipal que, como lamenta, “non servirán para nada”.
 
“Para que lles serve aos vigueses este récord? Para ver un proxecto cargado de propaganda e de calumnias. As cifras son irrefutables e calquera que as analice chega a esta conclusión. Estes orzamentos son froito do proxecto dun alcalde esgotado e sen ideas. Esperemos que este sexa último orzamento”, concluíu.