O PP desvela que o goberno local non puxo “nin un só euro” no orzamento de 2019 para o convenio de abastecemento de auga a Vigo

A candidata popular Elena Muñoz mostra o informe do interventor no que se apunta que a Xunta de goberno local aprobou o convenio sen crédito: “Para dotalo de crédito, ten que ir a pleno unha modificación orzamentaria”
Publicado por o día 08/04/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP desvela que o goberno local non puxo “nin un só euro” no orzamento de 2019 para o convenio de abastecemento de auga a Vigo

A candidata popular á Alcaldía, Elena Muñoz, desvelou hoxe que o goberno local non puxo “nin un só euro” no orzamento de 2019 para o convenio de abastecemento de auga a Vigo. “O informe do interventor ao que tivemos acceso recoñece que a aprobación do convenio por parte da Xunta de goberno local está feita sen crédito”, profunda.
 
Neste sentido, Elena Muñoz lamentou que o rexedor socialista dedíquese a enredar con outras administracións cando o Concello “non está a facer o seu traballo nin lle está dando prioridade a un tema absolutamente capital”.
 
A candidata popular ha explicado que agora, para poder dotar ao convenio de crédito, ten que haber unha modificación orzamentaria que haberá que levar ao pleno do Concello.
 
“Non pode haber maior desvergoña que enredar con outras administracións cando uno non fai o que debe”, continuou Elena Muñoz, que lembrou as críticas do alcalde socialista a semana pasada tras a aprobación do convenio polo Consello da Xunta dicindo que “o convenio non era o previsto”.
 
Unhas críticas, sinala, que non se produciron durante todos os meses que “estivemos a esperar para que o Goberno de España reaccionase e puxese encima da mesa ese borrador de convenio”. “É un verdadeiro escándalo que durante este tempo o alcalde non abra a boca nin diga unha soa palabra esixindo celeridade, a pesar da urxencia coa que necesitabamos o convenio”, engade.
 
“Xa está ben de enganos e de xogar cun problema gravísimo que temos na cidade. Debemos traballar xuntos para solucionalo. O PP estará aí traballando con seriedade e rigor, e reivindicando o que Vigo necesita, independentemente da cor do Goberno que teñamos”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.