O PP esixe a Caballero soluciones ante a falta de efectivos de bombeiros e as excesivas horas extra que ven obrigados a cumprir por “decretazo”

O concelleiro popular, Diego Gago, lamenta que o alcalde socialista e o seu delegado de seguridade rompesen “o acordo, as relacións e a convivencia” entre o Concello e o corpo de bombeiros de Vigo
Publicado por o día 05/04/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP esixe a Caballero soluciones ante a falta de efectivos de bombeiros e as excesivas horas extra que ven obrigados a cumprir por “decretazo”

O concelleiro popular Diego Gago, xunto ao concelleiro Miguel Fidalgo mantiveron hoxe unha reunión con representantes, sindicatos e membros do corpo de bombeiros de Vigo tras a cal esixiu a Caballero soluciones ante a falta de efectivos na cidade e as excesivas horas extra que ven obrigados a cumprir “a golpe de decretazo”.
 
Diego Gago lamentou que o acalde socialista e o seu delegado de seguridade rompesen “o acordo, as relacións e a convivencia” entre o Concello e o corpo de bombeiros de Vigo. Algo, que segundo subliñou, “xa viña vendo ao longo dos últimos meses” e que acabou por xerar unha situación laboral insustentable para estes profesionais.
 
Así, o popular criticou que Caballero estea “a explotar” aos bombeiros obrigándolles a facer ata 120 horas extra nalgún caso, sen outorgarlles o correspondente descanso necesario despois de realizar un servizo de 24 horas laborables. “Non podemos permitir, nin tolerar, que Vigo teña algunha inseguridade polo incumprimento na relación de postos de traballo que ten que ter o Concello de Vigo”.
 
Neste sentido, Gago criticou a deficiencia en cuestión de persoal que está a sufrir o corpo de bombeiros, que actualmente conta con 38 efectivos menos dos que deberían figurar no seu persoal para garantir a correcta seguridade na cidade. “Isto demostra que para o alcalde socialista a seguridade é o último que lle preocupa”, incidiu.
 
“E non só temos 38 efectivos menos, senón que se lles esixe traballar mediante horas extra”, prosegue, sinalando que actualmente o corpo de bombeiros está a verse moi mermado ao esixirlles traballar “o dobre do que deberían legalmente e sen permitirlles practicamente descansar”. “Ademais estáselles pagando a metade do que deberían cobrar legalmente tal e como estipula a lei”, profunda, lembrando que a falta do complemento específico está a menoscabar a percepción salarial e laboral dos bombeiros de Vigo con respecto aos das principais cidades de España e capitais de provincia.
 
Neste contexto, Diego Gago instou ao alcalde socialista a que “finalice a súa agresión ao corpo de bombeiros e tamén á Policía Local”, e esixiulle unha solución definitiva ao problema porque son dous corpos “fundamentais para Vigo e que garanten a seguridade de todos os vigueses”.