O PP esixe á ministra de defensa “compromisos concretos” de que se vai a manter aberta a oficina do ISFAS en Vigo nas mesmas condicións

Sinala que vai trasladar por carta á ministra que, do mesmo xeito que o peche da oficina publicouse no Boletín Oficial de Defensa, rectifíquese e publíquese pola mesma vía que vai seguir aberta
Publicado por o día 03/04/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP esixe á ministra de defensa “compromisos concretos” de que se vai a manter aberta a oficina do ISFAS en Vigo nas mesmas condicións

A candidata popular á Alcaldía, Elena Muñoz, acompañada do candidato vigués ao Senado, Miguel Fidalgo, mantivo hoxe un encontro con afectados polo peche da oficina da Subdelegación do Instituto das Forzas Armadas (ISFAS) en Vigo. Un escenario no que Elena Muñoz esixiu á ministra de Defensa “compromisos concretos” de que dita oficina vai seguir aberta na cidade nas mesmas condicións.
 
“Estamos a falar de 4.000 usuarios e familias que o único que recibiron ata a data son palabras baleiras e promesas incumpridas do alcalde socialista e do goberno socialista”, indicou Elena Muñoz, insistindo en que, de igual modo que se publicou o peche da oficina no Boletín Oficial de Defensa, rectifíquese e publíquese pola mesma vía que vai permanecer aberta.
 
Elena Muñoz lembrou que o Partido Popular presentou unha moción nesta liña no último pleno municipal que, “sorprendentemente”, foi rexeitada polo PSOE. Unha decisión que, como expón, demostra que “o alcalde non está a defender” como debese o mantemento desta oficina en Vigo.
 
“Invéntase reunións coa ministra e supostos compromisos que logo non se materializan polas vías oficiais. Por desgraza, a única certeza que teñen os usuarios do ISFAS, e que nos trasladaron, é a publicación no Boletín Oficial de Defensa da instrución interna e a comisión liquidadora da oficina de Vigo, que xa non aparece nin na web”, sostivo a popular.
 
Neste marco, Miguel Fidalgo sinalou que, se o Partido Popular goberna en España a partir do 28 de abril, “manteremos a oficina do ISFAS en Vigo”. “Non imos buscar aforros ficticios facendo que os paguen as persoas que máis o necesitan”, resaltou Muñoz, lembrando que esta oficina presta a moitas persoas maiores -“algunhas de 80 ou 90 anos, como nos comentan”-, e realiza máis de 60.000 trámites anuais.
 

“Unha barbaridade”

 
Pola súa banda, o ex comandante da Mariña de Vigo, Carlos Sande, insistiu na necesidade da presenza dunha “oficina física” do ISFAS en Vigo, e cualificou de “barbaridade” que se pretenda optimizar o servizo xa que os usuarios son persoas maiores que non poden beneficiarse do acceso a trámites a través de Internet.
 
Así mesmo, e en relación á proposta de apertura dun portelo no concello, Carlos Sande denunciou que esta non é unha solución xa que o servizo debe prestarse a través dunha rede de comunicación militar, e insistiu na necesidade do mantemento da oficina actual, que “debe quedar como está, porque estamos a falar posiblemente da mellor oficina de España a nivel de funcionamento e persoal”.