O PP esixe cumprir o “compromiso asinado” para a equiparación salarial da Policía Nacional “porque eles cumpren con todos os españois”

Lembra que esta discriminación fronte a outras policías autonómicas “xa fora encarrilada co acordo pactado co goberno do Partido Popular” e supoñía a súa eliminación “no prazo de 3 anos”
Publicado por o día 03/04/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP esixe cumprir o “compromiso asinado” para a equiparación salarial da Policía Nacional “porque eles cumpren con todos os españois”

A candidata popular á Alcaldía, Elena Muñoz, acompañada dos candidatos vigueses ao Congreso e ao Senado, Diego Gago e Miguel Fidalgo, mantiveron hoxe, na Comisaría Nacional de Policía, un encontro co portavoz da Unión Federal de Policías ( UFP), Agustín Vigo, e outros representantes do sindicato, durante o que analizaron o cumprimento do acordo para a súa equiparación salarial con outras policías autonómicas.
 
Elena Muñoz esixiu o cumprimento inmediato do “compromiso asinado” polo goberno do PP para acabar con esta discriminación: “O PP teno claro, e se gañamos as eleccións, a partir do 28 de abril cumpriremos, porque a Policía Nacional cumpre con todos os españois”.
 
Neste marco, a líder dos populares lembrou que esta equiparación fora encarrilada nun acordo asinado co ministro Zoido a executarse nun prazo de tres anos, e a realidade é que, “co cambio ao goberno socialista”, o primeiro ano cumpriuse, “aínda que tarde”; e no segundo ano, “cando deberían estar a cobrar desde o 1 de xaneiro, seguen esperando”.
 
Unha situación que, como detallou Elena Muñoz, ten sumida nunha “gran incerteza” á Policía Nacional xa que, “curiosamente”, prométenlles que van cobrar “xusto antes das eleccións”. “Pero o certo é que non só non cobraron aínda a segunda anualidade, senón que para a terceira encargouse unha auditoría que lles están ocultando”.
 
“Nós cremos que este acordo tense que cumprir ao 100%; e se nesa auditoría había diferenzas de diñeiros, tense que cumprir igualmente”, continuou a popular, que denunciou tamén o incumprimento do acordo para incrementar o número de chalecos antibala da Policía Nacional. “Parécenos un escándalo, porque os chalecos salvan vidas. E a situación é particularmente delicada para as policías, que necesitan chalecos especiais e non están a dispoñer de eles”, profunda.
 
Así mesmo, a candidata popular ha solicitado ao goberno local a implementación de medidas que “están nas súas mans”, en particular a activación de bonos específicos para que os axentes poidan aparcar en zona azul durante a súa xornada laboral.
 

A auditoría, en febreiro

 
Pola súa banda, Agustín Vigo, portavoz en Galicia da UFP, mostrou o seu malestar pola incerteza creada, e lembrou que o Ministerio se comprometeu a ter lista en febreiro a auditoría sobre a equiparación: “Soubemos que estaba feita polos medios de comunicación; pedímola por escrito e de mil maneiras, e non nola queren mostrar. Se non aparece, iremos aos tribunais e haberá mobilizacións”.
 
Ademais, Vigo solicitou tamén a reclasificación en grupo superior dos axentes da Policía Nacional: “Como somos clase pasivas setamos pagando os medicamentos toda a vida, cando somos das profesionais con máis problemas coronarios polo tipo de traballo que realizamos”