O PP esíxelle a Elena Espinosa que dimita tras comprobarse que mentiu, xa que o seu nome si figura nunha sociedade dun paraíso fiscal

O Partido Popular explica que é público o documento co seu nomeamento tres anos despois de constituírse a sociedade
Publicado por o día 02/11/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP esíxelle a Elena Espinosa que dimita tras comprobarse que mentiu, xa que o seu nome si figura nunha sociedade dun paraíso fiscal

O Partido Popular ha volto a reclamar, unha vez máis, a dimisión de Elena Espinosa, xa que considera que a súa situación é, extremadamente, grave e ante a inacción dela e do alcalde que a mantén no seu posto.
 
O PP afirma que Elena Espinosa mentiu cando dixo que non tiña ningunha relación cunha sociedade nun paraíso fiscal. “Enganou a todos cando quixo desvincularse desa sociedade xustificando que non participara na súa creación. Agora é público o documento co seu nomeamento tres anos despois de constituírse a sociedade”, asegura o portavoz municipal do PP, Alfonso Marnotes.
 
“Ocultou ese nomeamento e non pode dar exemplo de nada. Mentiu e isto é moi grave. Ademais o seu ministerio adxudicou máis de 10 millóns de euros á sociedade de cuxa filial era tesoureira e conselleira por nomeamento expreso. É escandaloso”, engade Marnotes.
 
O Partido Popular pregúntase como pode seguir sendo concelleira de Vigo, concelleira de Persoal, “a que ten que velar pola integridade dos empregados públicos, a que ten que velar pola transparencia das oposicións a persoal municipal. Ela que mentiu e ocultou a súa relación cunha sociedade offshore. Non pode continuar nin un minuto máis”.
 
“Por que Abel Caballero mantena no seu posto. É ese o compromiso ético do alcalde manter a concelleiros vinculados con paraísos fiscais?”, afirma o portavoz.
 
Por tanto, o PP esixe que dimita dunha vez ou que o alcalde a bote, xa que, lembrando as palabras de Pedro Sánchez, o seu xefe político en Madrid, se alguén tivese unha offshore, expulsaríalle’.