O PP ironiza que “os ‘méritos’ de Sánchez con Vigo resúmense en dous: atrasar o AVE directo a 2031 e volver mandar ao noso Porto a segunda división”

Elena Muñoz destaca que os orzamentos socialistas eran“o seu verdadeiro proxecto para Vigo, por moito que o alcalde trate agora de maquillalos con palabras grandilocuentes”
Por o 19/04/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
O PP ironiza que “os ‘méritos’ de Sánchez con Vigo resúmense en dous: atrasar o AVE directo a 2031 e volver mandar ao noso Porto a segunda división”
Compartir en:
A presidenta e candidata local Elena Muñoz, e os candidatos vigueses ao Congreso e ao Senado, Diego Gago e Miguel Fidalgo, visitaron hoxe a carpa informativa do partido situada no Farol, onde ironizaron que “os ‘méritos’ de Sánchez con Vigo resúmense en dous”: “Atrasar a chegada do AVE directo a Madrid a 2031 e volver mandar ao noso Porto a segunda división”.
 
Neste sentido, Elena Muñoz subliñou que os orzamentos socialistas que non chegaron a aprobarse supoñían “o seu verdadeiro proxecto para Vigo, por moito que o noso alcalde socialista trate agora de maquillalos con palabras grandilocuentes”.
 
Unhas contas que, como detalla, reducían o investimento no AVE directo a apenas 500.000 euros, cifra que contrasta coas emendas que presentaran os socialistas o ano anterior, cando estaban na oposición: “Entón esixían 10 millóns de euros para unha infraestrutura fundamental para o noso futuro”.
 
“Este é o cinismo socialista, compartido polo noso alcalde socialista, que convocaba manifestacións populares cando o AVE ía chegar en 2023 co goberno de Rajoy, e agora dinos que todo é estupendocuando o seu amigo Sánchez atrásao ata o 2031 como pronto”, incidiu.
 
Neste marco, Elena Muñoz referiuse tamén á situación do Corredor Atlántico e ao saída sur para o Porto, “ignorada por este goberno socialista”. Un “esquecemento” que, como lembra, xa seguiron “Zapatero e Branco hai case unha década, cando mandaron a Vigo a segunda división ao facer Nodal o Porto da Coruña”. “Sánchez e Caballero volverán facer o mesmo se non o impedimos o día 28”, alertou.
 
Así mesmo, a líder dos populares demandou a gratuidade inmediata da peaxe a Redondela e a nova Autovía Vigo – O Porriño, “actuacións que estaban xa en marcha cun goberno do PP e ás que deu as costas un goberno socialista co silencio cómplice dun alcalde socialista”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.