O PP lamenta a “oportunidade perdida” polo goberno local para baixar o “ tarifazo de Vitrasa que pagamos os vigueses”

Diego Gago subliña que o Consello Sectorial de Transporte celebrado hoxe fose unha “boa ocasión” para reducir o prezo do bus urbano en Vigo, o máis caro de toda Galicia e dos máis elevados de España
Publicado por o día 28/12/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP lamenta a “oportunidade perdida” polo goberno local para baixar o “ tarifazo de  Vitrasa que pagamos os vigueses”

O concelleiro popular Diego Gago lamentou hoxe a “oportunidade perdida” polo goberno local, con motivo da celebración dun novo Consello Sectorial de Transporte, para baixar o prezo do Vitrasa evitando que “os vigueses sigamos pagando un auténtico tarifazo” ao facer uso do autobús urbano.
 
Nese sentido, o edil popular ha criticado que, un ano máis, o executivo municipal “consolida os bonos e as tarifas máis caras de todo o servizo público de transporte de Galicia”. Non en balde, e como lembrou, o prezo ascende ata os 1,35 euros no billete normal, e a 0,89 céntimos no bonificado.
 
Deste xeito, expón, desde que Caballero é alcalde, “fai xa case 12 anos”, non só “non reduciu o custo do billete nin unha soa vez”, senón que o billete normal incrementouse en máis dun 30%, e o bonificado, en preto dun 25%.
 
“É un escándalo. Estamos a pagar o autobús máis caro de Galicia e o terceiro de toda España, só por detrás de Madrid e Barcelona”, detallou Gago, que enumerou, entre outros, o prezo do bonobús en Santiago (0,6), Ourense (0,62), A Coruña (0,85), Bilbao (0,64) ou Sevilla (0,76).
 
Unha situación do transporte público que, como argumenta o concelleiro popular, agrávase ao non estar incorporado Vigo ao transporte metropolitano. “Se o alcalde superase por un momento a súa vocación de conflito, os vigueses teriamos o Vitrasa gratis nas nosas viaxes metropolitanas”, incidiu.
 
Así mesmo, engade, os “mozos serían os grandes beneficiados” xa que, nestes momentos, todos os galegos menores de 19 anos, menos os vigueses, ten o transporte interubano gratis. “Os mozos son os grandes esquecidos deste alcalde e o seu goberno. Pagan por viaxes que non deberían pagar; e, ademais, pagan o bono e a tarifa máis caro de España, por encima de cidades como Sevilla, Murcia ou Palma”, detallou.
 
“Cando desde o PP insistimos en que o acalde é un lastre para os vigueses referímonos a este tipo de cousas: a que os vigueses pagan o transporte público máis caro de Galicia; os impostos municipais máis elevados, como o IBI; ou por unha auga que non consumimos. Nós comprometémonos a mellorar este tipo de inxustizas cando esteamos a gobernar”, concluíu.