O PP lamenta que 2018 conclúe coas pistas de Balaídos en “o mesmo estado ruinoso e de abandono que 2015, 2016 e 2017”

O concelleiro popular Diego Gago subliña que durante todos estes anos “a xestión e o mantemento das pistas compete única e exclusivamente ao Concello” que mirou para outro lado prexudicando a miles de atletas e deportistas
Publicado por o día 29/12/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP lamenta que 2018 conclúe coas pistas de Balaídos en “o mesmo estado ruinoso e de abandono que 2015, 2016 e 2017”
O concelleiro popular Diego Gago lamentou hoxe que o ano 2018 conclúe coas pistas de Balaídos en “o mesmo estado ruinoso e de abandono que 2015, 2016 e 2017”. O edil popular ha subliñado que durante todos estes anos “a xestión e o mantemento das pistas foi competencia única e exclusivamente do Concello”, que mirou para outro lado prexudicando a miles de atletas e deportistas.
 
“É absolutamente incrible que na primeira cidade de Galicia teñamos estas instalacións neste estado”, subliñou Gago Bugarín, quen lembra que, a única resposta do alcalde a todas as demandas dos usuarios, foi a “redución de horarios, os peches parciais, e os atrasos nas reformas expostas”.
 
Unha situación que, como lembra, derivou mesmo, nas últimas semanas, na cancelación do tradicional Trofeo de Nadal, cando xa había máis de 500 atletas inscritos para participar.
 
Diego Gago sinalou que durante todo o ano 2018 o seu grupo “puxo voz” ás reclamacións de atletas e deportistas que, ante o silencio do goberno local, tiveron que irse a outros municipios da área para poder adestrar e validar as súas marcas.
 
Neste marco, o concelleiro popular ha lembrado que o proxecto de reforma integral das pistas está tamén “en mans do goberno local”, pero que “Caballero prefire alimentar o seu conflito coa Xunta antes que poñerse a traballar e facer o que ten que facer”.
 
Así, expón, bastaría con realizar unha modificación puntual do Plan Xeral para poder acometer a renovación e ampliación das pistas. “Non o dicimos nós; dio o @Consello Consultivo. Por desgraza, dentro do urbanismo á carta do alcalde non entran as pistas de Balaídos. Desde o Partido Popular pedímoslle que faga o mesmo que fixo, por exemplo, co Barrio do Cura. Que realice unha modificación puntal para que se poida iniciar ese gran proxecto. Non podemos seguir así coas principais pistas de atletismo que temos en Vigo”, concluíu.