O PP lamenta que o alcalde quere que San Roque deixe de ser a festa de Vigo suprimindo o festivo

En 2020, o 16 de agosto será domingo e o alcalde non quere pasalo ao día 17 de agosto, como se fixo en 2015
Publicado por o día 28/08/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP lamenta que o alcalde quere que San Roque deixe de ser a festa de Vigo suprimindo o festivo

O portavoz popular, Alfonso Marnotes, lamenta que o alcalde queira suprimir, en 2020, o festivo de San Roque do calendario. O ano que vén a festividade caerá en domingo, e como xa sucedeu en 2015, pasouse ao luns 17 de agosto para evitar que a cidade deixe de celebrar a súa festa máis emblemática.

Abel Caballero pretende levar esta proposta ao próximo Pleno do 4 de setembro e cambiar este festivo polo martes de entroido. “O alcalde se autoproclama como o único defensor de Vigo e incorre en contradicións en temas como este, deixando ao descuberto que o seu defensa da cidade é pura fachada”, critica Alfonso Marnotes, portavoz popular.

En 2007, Caballero tentou suprimir o festivo de San Roque cambiándoo polo do día do Carmen, aínda que non o conseguiu, xa que o Partido Popular opúxose. “Consideramos que unha festa de tanta tradición como Vigo merece un festivo. Na nosa cidade, o Entroido non se vive tan intensamente e non é unha celebración propia e se non festexamos San Roque corremos o risco de perder esta festa que é emblemática e pola que pasaron e pasan distintas xeracións de vigueses e mesmo de xente doutros municipios”, explica Alfonso Marnotes.

Novamente, Abel Caballero aplica o ‘ordeno e mando’ ao que nos ten afeitos. “Quere cargarse San Roque, a festa dos vigueses. Non ten sentido tentar suprimila se a cidade non se pronunciou a favor. É un capricho seu e somos moitos os vigueses que empezamos a estar cansos das súas ocorrencias e de que nos ningunee coma se fósemos os seus peóns”, conclúe Alfonso Marnotes.