O PP lamenta que o goberno en funcións de Pedro Sánchez peche a subdelegación en Vigo do Instituto Social das Forzas Armadas (ISFAS)

Un desprezo máis que o goberno en funcións de Pedro Sánchez realiza a Vigo e un novo ‘non é non’ para a cidade
Publicado por o día 09/09/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP lamenta que o goberno en funcións de Pedro Sánchez peche a subdelegación en Vigo do Instituto Social das Forzas Armadas (ISFAS)

O Partido Popular lamenta que o Goberno central haxa pechado a oficina do Instituto Social das Forzas Armadas (ISFAS) en Vigo, ignorando, por completo, a 4.000 familias que terán que desprazarse a Pontevedra, como sucedía 30 anos atrás. Ademais, perderase a oficina na cidade máis importante de Galicia, a pesar de que o PP xa pediu que se mantivese aberta.

A portavoz popular Teresa Cendón critica que “este é o caso que o goberno amigo de Pedro Sánchez faille ao alcalde da cidade. En febreiro deste ano, Abel Caballero, envioulle unha carta, dentro das misivas que envía desde a súa torre, á ministra de Defensa, na que lle pedía que reconsiderase a súa postura de pechar a subdelegación do Instituto Social das Forzas Armadas (Isfas) de Vigo. Abel Caballero chegou a afirmar que era unha decisión equivocada porque había 2.000 militares xubilados e moitos deles tiñan dificultades para desprazarse a Pontevedra”. De feito, o alcalde asegurou que non ía deixar que se desmantelasen os servizos públicos. O Goberno central non contestou, pasaron as eleccións e o Executivo de Pedro Sánchez péchaa. Por tanto, trátase dunha mentira máis de Abel Caballero e demostra a súa incapacidade para solucionar as problemas de Vigo cando ten que enfrontarse a decisións desacertadas do seu goberno amigo en Madrid. Un desprezo máis que o goberno de Pedro Sánchez realiza a Vigo e un novo ‘non é non’ para a cidade.

“Ao alcalde encántalle subirse aos escenarios e facerse fotos, pero cando se trata de atender as demandas dos cidadáns e solucionar os seus problemas queda de brazos cruzados e encima o seu propio goberno socialista ignóralle”, afirma Teresa Cendón.

“Non podemos esperar nada do Goberno socialista de Madrid. Se non foi capaz de manter unha oficina administrativa como vai ser capaz de atender os grandes proxectos da cidade”, asegura Cendón.

O PP lembra que a subdelegación do ISFAS en Vigo é estratéxica porque traballa con todos os centros hospitalarios da cidade e Vigo trata en exclusiva os servizos psiquiátricos do sur de Galicia, por tanto lamenta este peche e todas as consecuencias que iso conleva.

Comentar noticia

Your email address will not be published.