O PP lamenta que Vigo estea á cola da oferta cultural das cidades españolas tal e como recolle o Observatorio Estatal da Cultural

O informe dá a razón ao Partido Popular que sempre criticou o escaso interese de Abel Caballero por fomentar a cultura. Desde o ano 2017, Vigo seguiu perdendo posicións sen que o alcalde fixese nada para recuperar a oferta.
Publicado por o día 18/02/2020 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP lamenta que Vigo estea á cola da oferta cultural das cidades españolas tal e como recolle o Observatorio Estatal da Cultural

O Partido Popular lamenta que Vigo estea nos últimos postos da oferta cultural das cidades españolas, tal e como recolle o Observatorio Estatal da Cultura, no que 500 expertos valoraron a oferta dos municipios españois.

Vigo atópase no posto 33, o penúltimo posto só superada por Santa Cruz de Tenerife. “A cidade foi perdendo posicións desde o ano 2017 sen que Abel Caballero fixese nada por promover a cultura”, lamenta Alfonso Marnotes. Entre os 14 eventos culturais máis importantes de España, en 2019, tampouco hai ningún de Vigo.

O grupo municipal do PP lembra que sempre criticou o escaso interese do alcalde por fomentar este ámbito e, ao contrario, a cultura en Vigo foi languideciendo pola nula implicación do Concello.

“A primeira cidade de Galicia e unha das máis importantes de España non pode estar sen oferta cultural, é unha pena. Este goberno municipal non quere saber nada da cultura. Cargáronse edificios tan importantes como o Centro Galego de Fotografía para situar as oficinas da Deputación. Abaixo a cultura e arriba a burocracia, é o lema de Abel Caballero”, critica o portavoz popular. “As estatísticas oficiais sempre desmenten ao alcalde: pasou co padrón, co aeroporto, coa política social e agora coa cultura”.

Así mesmo, o PP lamenta que os museos da cidade estean paralizados porque ao alcalde non lle importan. “O Marco, o Verbum, a Pinacoteca… non teñen actividade, nin a terán porque a Abel Caballero todo o que non sexan beirarrúas e cemento non lle interesa”, engade Marnotes.

O PP propón que se potencien os museos da cidade, que se promovan eventos culturais que atraian visitantes e convértannos nun referente, por exemplo de festivais de música, que se organicen concertos ao aire libre con mozos vigueses e, en definitiva, que podamos ser un referente en España en cultura para estar ao nivel de Bilbao ou Valladolid, que teñen unha poboación similar.

Vigo está a perder o seu peso cultural e o alcalde despreza o talento e o potencial da cidade nun tema no que sempre fomos un referente. A vangarda na cultura foi sempre un aceno de identidade de Vigo e Abel Caballero empéñase en acabar con ela.

Una respuesta para "O PP lamenta que Vigo estea á cola da oferta cultural das cidades españolas tal e como recolle o Observatorio Estatal da Cultural"