O PP leva ao pleno os Orzamentos do Estado para esixir ao goberno central que rectifique unhas contas que son “unha vergoña e unha humillación para Vigo”

Subliña que “líderes socialistas de Aragón, Estremadura ou Castela – A Mancha” criticaron as contas, e mostra a súa sorpresa porque o alcalde afirme que aquí están encarriladas: “Non se que carril levan, pero é moi malo para Vigo”
Publicado por o día 28/01/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP leva ao pleno os Orzamentos do Estado para esixir ao goberno central que rectifique unhas contas que son “unha vergoña e unha humillación para Vigo”

O concelleiro popular Miguel Fidalgo anunciou hoxe que o seu grupo levará ao pleno municipal deste próximo mércores o proxecto de Orzamentos do Estado para 2019, co obxectivo de esixir ao goberno central que rectifique unhas contas que son “unha vergoña e unha humillación para Vigo”.
 
“Estes orzamentos deixan en ridículo a Abel Caballero e a Carmela Silva, xefes do socialismo en Vigo e na provincia. Estamos a falar de números, que son algo medible”, continuou o edil popular, quen mostrou a súa sorpresa porque ante esta evidencia, o alcalde aplauda “os peores orzamentos para Vigo en 15 anos”.
 
Neste marco, o edil popular ha destacado que as contas aumentan os investimentos máis dun 60% en Cataluña ou Valencia, mentres que as reducen un 25% en Galicia, comprometendo así investimentos fundamentais previstos para Vigo. Así, detalla, a nova A-55, que figuraba no plan de infraestruturas do anterior executivo, “agora simplemente elimínana”.
 
Do mesmo, prosegue, que non figura “nin un euro” para a Biblioteca do Estado. Unha ausencia que cualificou de “auténtica broma”: “Hoxe veñen dous técnicos de excursión a Vigo, despois de 12 anos de promesas incumpridas do alcalde e ata 8 localizacións distintas, e nos orzamentos non hai un só euro. O concello ten os terreos e podería empezar a redactarse o proxecto. Pero para iso fai falta unha partida, porque o que non está nas contas non existe”.
 
Miguel Fidalgo criticou tamén a situación do AVE por Cerdedo, cuxa chegada estaba comprometida polo goberno de Rajoy para o 2023, “e agora que se fala de 2030, o alcalde aplaude coas orellas”. “E de Zona Franca, nada. En Vigo fai falta chan industrial, e o Consorcio dedícase a comprar edificios e gastar diñeiro en publicidade e propaganda”, engade.
 
Neste marco, o concelleiro popular ha subliñado que “non pasa nada por criticar unhas contas que son nefastas para Vigo”. Non en balde, expón, “líderes socialistas de Aragón, Estremadura ou Castela – A Mancha” criticáronas, mentres que aquí “o alcalde afirma que están encarriladas”: “Non se que carril levan, pero é moi malo para Vigo”.
 

“O tempo poñerá a cada un no seu sitio”

 
Miguel Fidalgo lembrou que o mesmo alcalde que “antes era tan belixerante co goberno de España, cambia agora de chaqueta, porque gobernan os socialistas, ante uns orzamentos que son vergoña e unha humillación, e dos que afirma que son unha marabilla”: “Cala para seguir na poltrona da FEMP”.
 
“Unhas contradicións que non son novas”, defende Fidalgo, quen lembrou que hai máis de 20 anos, cando se presentaba á Xunta, o alcalde apostaba por “un estilo de goberno novo, sen folclorismos nin caciquismos, con menos gasto en publicidade e propagada”. “Como agora”, ironizou, sinalando que “o tempo poñerá a cada un no seu sitio”.
 
O concelleiro popular ha concluído sinalando que o goberno local aínda está a tempo de rectificar apoiando no pleno do mércores o “rexeitamento a uns orzamentos absolutamente discriminatorios con Vigo e cos vigueses”.