O PP leva ao pleno unha moción para pedir que se garanta a liberdade educativa dos pais ante “as dúbidas sementadas polo goberno socialista”

A candidata popular Elena Muñoz lembra que garantir a liberdade de elección, “sen penalizar o modelo que libremente decidan as familias”, é unha obrigación dos poderes públicos
Publicado por o día 23/03/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP leva ao pleno unha moción para pedir que se garanta a liberdade educativa dos pais ante “as dúbidas sementadas polo goberno socialista”

A candidata popular Elena Muñoz avanzou hoxe que o seu grupo presentou unha moción que se debaterá no pleno do próximo mércores na que insta ao futuro goberno central a garantir a liberdade educativa dos pais ante “as dúbidas sementadas polo executivo socialista durante os últimos meses”.
 
“Sen liberdade de educación non se pode exercer o dereito á educación, e os poderes públicos teñen a obrigación de garantir o dereito dos pais para elixir a educación que prefiran para os seus fillos, sen que estean penalizados polo modelo que escollan”, subliñou.
 
Neste contexto, Elena Muñoz mostrou a súa preocupación polas afirmacións realizadas durante estes meses polo goberno socialista, e en particular pola ministra de Educación e Formación Profesional, poñendo en dúbida a educación concertada ou sinalando outros modelos “igual de lexítimos” como a educación diferenciada ou a especial.
 
“Hai modelos educativos tradicionalmente atacados polos socialistas, e fronte a isto, no Partido Popular cremos que hai que reivindicar a liberdade educativa desde todos os ámbitos institucionais, tamén desde o Concello, garantindo que os pais poidan elixir o centro que desexen sen ser penalizados por iso”, sostivo.
 
Por este motivo, a líder dos populares mostrou a súa confianza en que o pleno da Corporación apoie unha proposta que “só busca defender a liberdade de elección dos pais na educación dos nosos fillos”.
 
“Queremos reclamar unha vez máis a liberdade das familias para elixir a educación que desexemos para os nosos fillos, fuxindo de calquera tipo de adoctrinamiento. A educación concertada ou a educación diferenciada son modelos moi válidos escollidos por miles de familias”, concluíu a popular.

Comentar noticia

Your email address will not be published.