O PP pide a Caballero o “cesamento inmediato” do concelleiro de Persoal para poñer fin á “rede clientelar, de amiguismo e de enchufe” do goberno local

Miguel Fidalgo considera que, tras os últimos escándalos coas oposicións a bombeiros e a sentenza xudicial sobre xefaturas de servizo, “chegou a hora de abrir as xanelas e levantar as alfombras; é necesario que corra o aire”
Publicado por o día 19/11/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP pide a Caballero o “cesamento inmediato” do concelleiro de Persoal para poñer fin á “rede clientelar, de amiguismo e de enchufe” do goberno local

O concelleiro popular, Miguel Fidalgo, pediu hoxe a Caballero o “cesamento inmediato” do edil de Persoal, Javier Pardo, co obxectivo de poñer fin á “rede clientelar, de amiguismo e de enchufe” que se está vivindo no Concello de Vigo.
 
Neste sentido -e á vista do que sucedido coas oposicións a bombeiros, e da recente sentenza xudicial en contra do procedemento seguido para nomear xefes de servizo-, Fidalgo sinalou que “todo cheira a podrecido na política de persoal deste goberno”.
 
Por este motivo, o popular considera “necesario e urxente abrir as xanelas do Concello e levantar as alfombras para que corra o aire”. Algo que, como detallou, poderán facer os vigueses “o próximo 26 de maio” poñendo fin a “12 anos dun Concello pechado baixo sete chaves”.
 
“Desde o PP levamos tempo esixindo unha explicación sobre este escándalo da política de persoal. Hai moitas respostas que dar; os vigueses non temos a culpa de que o concelleiro de seguridade non se fale co de persoal”, continuou Fidalgo Igrexas, quen lamentou que, ante esta situación, o alcalde, “no canto de mandar ao edil de persoal á súa casa, ascéndeo e noméao tenente de alcalde”.
 
Miguel Fidalgo indicou que “o único e principal mérito do señor Pardo é ser cuñado de Carmela Silva”, e esixiu a Caballero “que deixe de escurrir o vulto” e tome cartas no asunto: “El é o máximo responsable da oferta de emprego público, dos temarios, das bases e de nomear aos membros dun tribunal”.
 
Neste marco, sinalou que, despois de 4 anos esperando polas oposicións a bombeiros, “no primeiro exercicio xa hai 3 puntuacións distintas”: “O día 6 de novembro había 14 aprobados; o 9, 21; e o día 16, 48”. “O exame estaba mal feito ou se está facendo un traxe a medida?”, cuestionouse Fidalgo, quen lembrou que isto tamén pasou coas probas á Policía Local, onde acabaron repetíndose os exames sen “unha soa explicación” por parte do alcalde.
 
“Igual que tampouco deu explicacións pola última sentenza xudicial na que o xuíz tomba a libre designación dos xefes de servizo dicindo, de modo literal, que ‘se priva ao persoal así nomeado (facilmente removible) da necesaria independencia e obxectividade coa que debe actuar no exercicio da función pública’”.
 
Por todo iso, Fidalgo esixiu a Caballero que deixe de practicar a “política do escaqueo”. “Cando hai problemas, el escapa. Non ten nada que vez co Marisquiño, nin coa falta de Plan Xeral, nin coa situación do Celta, nin coa área Metropolitana, nin con que teñamos os impostos máis altos de Galicia”, sostivo.