O PP pide a Carmela Silva “que se marche e que deixe de facer o ridículo”

Miguel Fidalgo subliña que a tenente de alcalde está “amortizada politicamente” e lamenta que “fixese un Puigdemont” no pleno de onte: “15 días despois da sentenza do enchufe da súa cuñada por un traballo que cobrou pero non fixo, segue sen dar a cara e sen dimitir”
Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP pide a Carmela Silva “que se marche e que deixe de facer o ridículo”
O concelleiro popular Miguel Fidalgo pediu hoxe á primeira tenente de alcalde e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “que se marche e non faga máis o ridículo”. “Se queda algo de vergoña toureira, pídolle que se vaia inmediatamente”, resaltou o edil popular, quen lembra que, 15 días despois da sentenza sobre o enchufe da súa cuñada por un traballo polo que cobrou 128.500 euros e non realizou nunca, “a señora Silva segue sen dimitir e sen dar a cara”.
 
A este respecto, o concelleiro popular ha destacado que a tenente de alcalde “está amortizada politicamente”, e máis tras a súa “espantada” no pleno de onte onde, como lembrou, “fixo un Puigdemont” marchándose a Madrid para “non dar a cara”. “Hai dúas semanas que se coñeceu a sentenza que condena a máis de 5 anos de cárcere ao xefe de servizo de participación cidadá por enchufar á cuñada de Carmela Silva, e seguimos sen explicacións e sen que ninguén asuma responsabilidades políticas”, subliña.
 
Miguel Fidalgo destacou que Carmela Silva está a empregar “a mesma estratexia que a súa cuñada”, tentando “esconderse e non dar a cara permitindo que outros fagan o traballo sucio”, e apunta que o único que fai é “ameazar, coaccionar e tentar amedrantar” ao PP. O popular quixo remarcar que “esa política de ameazas non fornecerá ningún efecto no PP de Vigo” aínda que “quizá lle funcione con concelleiros do seu partido ou funcionarios que prefiren inmolarse antes que falar”.
 
Neste contexto, o edil popular ha deixado claro que desde o PP non permanecerán en silencio porque “toda a cidade sabe que hai máis familiares do PSOE traballando no Concello e nas concesionarias”. “Isto parécese cada vez máis a Andalucía, onde á xente, cando lle preguntaban onde traballaba, dicía na PSOE”, ironizou, apuntando tamén “semellanzas” coa Marbella de Jesús Gil, “onde tamén se gobernaba con maioría absoluta e acabou como acabou”.
 
Miguel Fidalgo lembrou que por este motivo solicitaron a relación nominal dos traballadores das concesionarias municipais e dos interinos contratados no Concello de Vigo nos 2 últimos anos. “Imos destapar toda esta corrupción do PSOE no Concello. É urxente un cambio político porque 12 anos de tropelías xa son suficientes”, incidiu.
 

Co diñeiro dos vigueses

 
“É unha vergoña que se use o diñeiro dos vigueses para contratar a amigos e familiares”, proseguiu Fidalgo, destacando que desde o grupo municipal do PP seguirán denunciándoo ao considerar que a conduta da tenente de alcalde non é “intachable” como ela mesma declaraba, senón “ilóxica, inexplicable, incomprensible, irresponsable, indigna, infame, insensata, imperdoable, inasumible e indescritible”.
 
Fidalgo cualificou de “escándalo” que Carmela Silva tente amedrentar aos que tentan destapar “as súas vergoñas” e destacou a necesidade de que “outras persoas leven os designios desta cidade para poder abrir as xanelas e que corra o aire no Concello de Vigo”.
 
“As cousas ao final acabarán volvendo ao seu sitio, por iso dicímoslle á señora Silva que se marche”, incidiu, sinalando que polo ben dos vigueses e pola gravidade da situación, Silva debería abandonar a política. “A política é algo máis e é algo moi serio”, concluíu.